Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Temporada xeral de caza para máis de 45.000 cazadores

Por   /  15/10/2016 

    Imprimir       Email
  • Comeza a tempada xeral de caza 2016-2017 para máis de 45.000 cazadores galegos
  • Os terreos cinexeticamente ordenados nos que se pode practicar esta actividade superan as 2,6 millóns de hectáreas
  • Considéranse días hábiles de caza con carácter xeral os xoves, domingos e festivos de carácter estatal e autonómico

 

jabaliA tempada de caza xeral 2016-2017 en Galicia iníciase mañá, 16 de outubro. O colectivo de cazadores galegos, que se sitúa actualmente en máis de 45.000, poderá dispoñer de licenza para exercer esta actividade en 454 tecores, que superan os 2,6 millóns de hectáreas de terreos cinexeticamente ordenados. A esta cifra hai que sumar as 28 explotacións cinexéticas comerciais autorizadas

Na seguinte táboa amósase a información referente aos tecores aprobados a día de hoxe en Galicia, por provincias:

Nº tecores
Superficie en Has.
A Coruña
124
695.809
Lugo
149
928.007
Ourense
108
667.133
Pontevedra
73
350.391
TOTAL
454
2.641.340

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio recorda que o período hábil de caza comeza mañá e prolongarase ata o vindeiro 6 de xaneiro de 2017, con alcance xeral, ambas datas incluídas. Considéranse días hábiles de caza con carácter xeral os xoves, domingos e festivos de carácter estatal e autonómico.

Toda a información está recollida na resolución do 22 de abril de 2016, que determina as épocas hábiles de caza (tanto da tempada de caza xeral, como as específicas dalgunhas especies), as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante esta tempada.

Novidades

Entre as principais novidades que se recollen para a nova tempada, destaca o feito de que nos terreos de réxime cinexético especial que teñan autorizada a prórroga do período hábil de caza para a arcea, autorízase o adestramento de cans sobre esta especie, sen petición previa, desde o 7 de xaneiro ata o 15 de marzo de 2017 os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico.

Nos terreos de réxime cinexético especial establécese, así mesmo, un período mínimo de dous meses consecutivos durante o cal non se pode adestrar cans nin aves de cetraría (escollidos nun único período entre abril e xullo, proposto polo titular do terreo cinexético, entendéndose no seu defecto que se corresponde cos meses de maio e xuño).

En canto á caza do raposo nos Tecor e explotacións cinexéticas comerciais, posibilítase realizar batidas de xestión en toda a súa superficie os sábados do período hábil de caza menor, cando se planificaran e executaran actuacións de mellora sobre aquelas poboacións cinexéticas que poidan ser afectadas negativamente polo raposo.

No tocante ao aproveitamento cinexético da cabra montés, está prohibida a súa caza excepto nos Tecor do Xurés especificados no plan de aproveitamento cinexético aprobado pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, aumentándose o período de caza para esta especie respecto ao da tempada anterior, ao permitir a súa caza dende o 15 de setembro de 2016 ata o 15 de marzo de 2017.

Mediante a modalidade de cetraría, permítese a caza da gaivota chorona común (Larus ridibundus), corona clara (Larus argentatus), estorniño pinto (Sturnus vulgaris), pega rabilonga (Pica pica) e corvo (Corvus corone), tanto en terreos de réxime cinexético común como especial, durante todo o ano, agás nos meses de abril, maio e xuño. Nos terreos de réxime cinexético especial con autorización do titular do aproveitamento e nas zonas libres de caza, con autorización da persoa titular do órgano territorial de dirección competente en materia de conservación da natureza.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →