Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Turismo de Galicia anuncia a convocatoria das probas de habilitación de guías de turismo especializados de Galicia

Por   /  08/09/2015 

    Imprimir       Email

image_galleryO Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte a convocatoria para as probas de habilitación de guías de turismo especializados de Galicia e para a obtención ou ampliación a outros idiomas da habilitación. Deste xeito, Turismo de Galicia, dá resposta con esta iniciativa a unha solicitude moi demandada do sector.

Poderán presentarse ás probas os cidadáns maiores de idade que teñan a nacionalidade española ou a dalgún dos estados membros da Unión Europea, asinante do Acordo sobre Espazo Económico Europeo ou de calquera outro dos estados de libre circulación de traballadores e traballadoras. Así mesmo, poderán participar nas probas os cidadáns estranxeiros con residencia legal en España.

Os aspirantes a guías de turismo deberán estar en posesión de un título de grado ou diplomatura universitaria, de grao superior de formación profesional ou de diploma de xestión e/ou dirección de empresas hoteleiras.

Así mesmo, deben acreditar o dominio das linguas oficiais de Galicia e dalgunha lingua estranxeira.

As probas de habilitación constituiranas tres exercicios, todos eles eliminatorios. O primeiro deles consistirá nun cuestionario de oitenta preguntas tipo test; o segundo constará de dúas probas, unha tradución dun texto do castelán ao galego e unha tradución do galego ao castelán; e o terceiro exercicio constará dunha tradución en ambos os sentidos, castelán e idioma estranxeiro, e dunha conversa en cada un dos idiomas solicitados. Os profesionais con habilitación en vigor como guías de turismo que desexen ampliar a súa habilitación para outros idiomas distintos aos que consten nela, tan so terán que superar as correspondentes probas de idiomas.

O programa que rexerá os exames contén tres bloques principais: un temario cultural, un temario de itinerarios e recursos turísticos e un terceiro temario centrado en temas relacionados coa lexislación.

Os interesados deberán presentar as súas solicitudes nun prazo dun mes a contar desde mañá día 8 de setembro.

Unha vez publicadas as listas definitivas de admitidos e admitidas fixarase a data de comezo das probas que terán lugar na cidade de Santiago de Compostela.

Durante a rolda de prensa de anuncio da dita convocatoria, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada polo director de Competitividade de Turismo de Galicia, José Luis Maestro, e o presidente de Asociación de Guías Turísticos de Galicia, Diego Lamas, destacou a importancia do labor que realizan os guías turísticos.

“Desenvolven un papel fundamental no desenvolvemento turístico de Galicia xa que, teñen o labor de transmitir o saber sobre un territorio e a posta en valor do mesmo como destino turístico”, afirmou Nava Castro.

A responsable de Turismo da Xunta afirmou que desde Turismo de Galicia apóstase por un tecido empresarial formado por empresas e profesionais competitivos. Neste senso, sinalou para consolidar un sector competitivo desde o departamento que dirixe impúlsanse iniciativas a prol da calidade, da formación e do asesoramento.

Novo decreto
A convocatoria destas probas xorde tras a posta en marcha, no pasado mes de maio, do novo decreto que regula esta actividade profesional e que incluíu entre outras novidades a duración indefinida da habilitación ou a ampliación do ámbito de aplicación da norma, comprendendo tanto a liberdade de prestación de servizos como o establecemento.

Así mesmo, esta normativa incorporou o procedemento de habilitación directa baseada na posesión dos títulos de Técnico superior en guía, información e asistencia turísticas ou o Grao ou Diplomatura en turismo, sen necesidade da superación de probas específicas. Desde a entrada en vigor do decreto, no mes de maio, ata o día de hoxe un total de 50 guías turísticos beneficiáronse deste novo decreto obtendo a súa habilitación de maneira directa.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →