Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Turismo de Galicia asina un convenio de colaboración coa Secretaría de Estado de Turismo para o impulso da calidade do sector

Por   /  03/04/2015 

    Imprimir       Email

image_gallery

 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a Secretaria de Estado de Turismo, Isabel Borrego, asinaron un convenio de colaboración mediante o cal a Administración turística galega impulsará a aplicación do Sistema de Calidade Turística Español (SECT) na rexión como método de difusión da calidade turística e impulso da competitividade so sector.

A política de calidade turística converteuse na actualidade nun factor fundamental de diferenciación e de competitividade no sector turístico. Por isto, Turismo de Galicia cooperará, mediante o dito convenio, coa Secretaria de Estado de Turismo para consolidar o liderazgo da industria turística en materia de calidade.

Deste xeito, grazas a este acordo as dúas entidades complementarán as súas actuacións dirixidas á promoción, difusión e apoio da implantación de sistemas de calidade turística, para contribuír así a mellorar á oferta turística da comunidade galega.

De maneira concreta o convenio busca a consecución dos seguintes obxectivos:

– Facilitar a transferencia recíproca de metodoloxías de calidade turística desenvolvidas pola Secretaría de Estado de Turismo e Turismo de Galicia, co fin de lograr a excelencia na configuración dos devanditos sistemas e xerar economías de escala na súa aplicación.

– Incentivar a adhesión voluntaria das empresas prestadoras de servizos e destinos turísticos aos sistemas de calidade turística.

– Promover a notoriedade dos sistemas de calidade turística para orientar as decisións dos consumidores e a extensión dos sistemas entre destinos e empresas e servizos turísticos vinculados directa ou indirectamente á actividade turística.

– Coordinar a preservación do acervo metodolóxico común e os desenvolvementos ao mesmo que contribúan á súa extensión e consolidación.

Para a correcta consecución deste obxectivos Turismo de Galicia impulsará a aplicación do SCTE na comunidade galega, como método de difusión da calidade turística, naqueles sectores e destinos que participen en calquera das modalidades do SCTE, e apoiará a implantación voluntaria da metodoloxía e manuais de boas prácticas do SCTE entre empresas que presten servizos relacionados coa súa oferta turística en Galicia.

Así mesmo, compartirá coa Secretaría de Estado información sobre o grado de implantación do sistema de calidade e consensuará a metodoloxía para garantir así a homoxeneidade a escala nacional.

Pola súa parte, a Secretaría de Estado de Turismo compartirá con Turismo de Galicia a Metodoloxía e Manuais de Boas Prácticas do Sistema de Calidade Turística Español dos que é titular. Así mesmo, colaborará coa administración turística galega en aquelas actuacións que se acometan de común acordo en materia de formación e asesoramento na implantación de tales metodoloxías, cuxos destinatarios sexan axentes públicos ou privados encargados do desenvolvemento dos proxectos nos destinos.

Unha das primeiras iniciativas que levaranse a cabo no marco do dito convenio será a celebración de dous cursos de formación dirixidos a xestores turísticos, un destinado ao Camiño de Santiago e outro á zona da Ribeira Sacra.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →