Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Turismo de Galicia e o Clúster asinan un novo convenio de colaboración para o fomento do talento e o aproveitamento das novas tecnoloxías

Por   /  11/08/2015 

    Imprimir       Email

image_gallery (1)Turismo de Galicia e o Clúster de Turismo de Galicia asinaron onte a mañá un novo convenio de colaboración para levar a cabo de maneira conxunta a implantación dalgunhas das liñas de actuación do Plan Integral de Turismo de Galicia.

No acto de sinatura do dito convenio, a directora de Turismo de Galicia resaltou que este convenio supón un novo pulo á colaboración público-privada que se está a producir asiduamente no sector turístico dende a creación do Clúster de Turismo de Galicia. Neste senso, Nava Castro afirmou que a colaboración do Clúster turístico é fundamental para acadar os obxectivos fixados no Plan.

A responsable de Turismo da Xunta explicou que grazas ao convenio se terán lugar dunha maneira coordinada diversas accións vinculadas á cuarta liña estratéxica relacionada co fomento do talento e o aproveitamento das novas tecnoloxías para acadar un sector competitivo e un destino intelixente.

Deste xeito, segundo sinalou Nava Castro, desenvolverase un programa de alta calidade destinado á formación dos cadros directivos cunha metodoloxía práctica e cunha duración mínima de 60 horas.

O convenio tamén inclúe a celebración de xornadas divulgativas ou conferencias de interese para o sector turístico. Así, realizaranse dous seminarios con relatores de recoñecido prestixio a nivel estatal.

Outra das propostas é a realización de actividades de mentoring a través de empresarios ou profesionais do sector de gran reputación, un programa de mellora das habilidades de comunicación orientado especificamente a profesionais do sector do turismo.

Así mesmo, o convenio tamén integra outra liña de colaboración relacionada co fomento do talento e o aproveitamento das novas tecnoloxías.

“Con estas actuacións pretendese a mellora na cualificación dos equipos humanos do sector turístico galego co obxecto de mellorar a nosa competitividade a través da calidade na prestación e na xestión da actividade turística”, afirmou a responsable de Turismo da Xunta.

Escola de Turismo Itinerante de Galicia
Estas actuacións relacionadas coa formación súmanse á creación da Escola de Turismo Itinerante de Galicia que ten como obxectivo incrementar a calidade do sector turístico galego.

Con ela, Turismo de Galicia está a impulsar a mellora continua do turismo en Galicia a través da accesibilidade á formación a todas aquelas empresas que así o desexen co fin de que os seus negocios se adecúen as necesidades actuais do mercado.

Deste xeito, esta Escola de Turismo Itinerante ofrece unha formación a medida adaptada á realidade de cada negocio e de cada territorio galego para mellorar, así, a calidade e a capacidade de adaptación do factor humano.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →