Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Turismo de Galicia e o Ministerio de Fomento reforzarán a seguridade viaria nos cruzamentos do Camiño de Santiago

Por   /  11/07/2015 

    Imprimir       Email

Nava Castro visita el camino Frances

 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, visitaron onte a mañá o Camiño Francés na zona do Pino, onde a ruta xacobea conflúe coa estrada N-547.

Durante o encontro Turismo de Galicia e o Ministerio de Fomento acordaron impulsar a creación dun Grupo de Traballo de Seguridade Viaria para a mellora dos puntos de conflito entre as estradas estatais e autonómicas e o Camiño de Santiago.

O dito grupo de traballo, de carácter multidisciplinar, estará formado por representantes de Turismo de Galicia, da Delegación do Goberno en Galicia, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural -da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria-, da Axencia Galega de Infraestruturas, da Dirección Xeral de Estradas -do Ministerio de Fomento-, da Dirección Xeral de Tráfico, da Agrupación de Tráfico da Garda Civil e das deputacións provinciais de A Coruña e Lugo.

O obxectivo é analizar os puntos de cruce, planificando actuacións consensuadas entre todos os axentes, para os efectos de lograr unha axeitada seguridade viaria no Camiño de Santiago.

O estudo de medidas de reforzo da seguridade viaria, comezará no Camiño Francés o cal ten un trazado paralelo á N-547 nos concellos de Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino, existindo diversos cruzamentos na traza.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →