Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Turismo leva a promoción do destino Galicia a Xapón e Corea

Por   /  24/05/2015 

    Imprimir       Email

apertura jornada

 

Un total de 170 operadores turísticos xaponeses e coreanos participarán nas xornadas de promoción directa do destino Galicia nas que Turismo de Galicia presentará a oferta da comunidade galega e as posibilidades que ofrece o noso territorio para a organización de viaxes desde esta área de Asia.

Esta xornadas, organizadas polas oficinas de Turismo de España en Tokio e Seúl, desenvolveranse entre os días 24 e 28 de maio e nelas tamén participarán representantes de Turespaña e as embaixadas españolas nestes países.

Xuntanzas de traballo en Xapón

O hotel Hilton de Osaka acollerá o día 25 de maio a xuntanza de traballo cos operadores turísticos da cidade e da súa área de influencia. Nesta reunión está prevista a participación de 44 axentes de viaxe locais.

Pola mañá, o día 25 de maio, a directora da Oficina de Turismo de España en Tokio, presentará o mercado xaponés e coreano aos representantes dos organismos turísticos españois participantes nesta misión comercial. Pola tarde, terá lugar un workshop cos operadores turísticos de Osaka.

Ao día seguinte os representantes de Turismo de Galicia desprazaranse ata a capital xaponesa para participar noutra xuntanza de traballo con 69 operadores turísticos de Tokio e a súa área de influencia. A reunión desenvolverase tamén pola tarde no hotel Akura.

Reunión en Corea

Desde Tokio os representantes de Turismo de Galicia trasladaranse ata a capital de Corea do Sur, Seúl.

Na xuntanza de traballo, que terá lugar o día 28 de maio no hotel Lotte, se presentará a oferta turística galega aos 57 operadores turísticos máis importantes do país.

 

Mercado asiático

A participación de Turismo de Galicia nestas xornadas de promoción directa en Xapón e Corea do Sur enmárcanse na estratexia de difusión da oferta turística galega no mercado asiático, considerado como un dos que presenta máis potencial de crecemento para a comunidade galega.

O mercado xaponés experimentou o pasado ano 2014 un incremento importante en Galicia. Concretamente o mercado xaponés rexistrou unha suba da súa cifra de viaxeiros aloxados do 27% e do 17% no que atinxe as pernoctacións.

Peregrinos xaponeses e coreanos

Polo que respecta ao Camiño de Santiago, en 2014 rexistráronse máis de 1.000 peregrinos xaponeses e no que vai de ano está cifra vai en aumento xa que xa realizaron a Ruta Xacobea un total de 247 xaponeses, un 17% máis que no mesmo período do pasado ano.

En canto aos peregrinos coreanos, no ano 2014, fixeron o Camiño de Santiago un total de 3.842 persoas e no que vai de ano chegaron xa a Compostela 1.129 peregrinos procedentes de Corea o que supón un incremento do 24% en relación ao mesmo período do pasado ano.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →