Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Turismo promove Galicia como destino de golf co VI Open Rías Baixas e a viaxe dun xornalista especializado de Holanda

Por   /  30/06/2015 

    Imprimir       Email

La Xunta promueve el turismo de naturaleza gallego en la feria INTUR de ValladolidTurismo de Galicia continúa co seu labor de promoción do golf como recurso turístico da comunidade galega, neste caso co patrocinio do torneo VI Open Rías Baixas e coa organización da visita dun xornalista holandés especializado neste deporte.

Deste xeito, o organismo de promoción do turismo galego figura como colaborador especial na organización do evento deportivo que se celebra no campo de Mondariz Balneario ata o día de hoxe.

Turismo de Galicia outorgará os trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría masculina, o trofeo á mellor clasificada nas categorías femininas, o trofeo ao mellor clasificado da categoría sénior e tamén ao mellor scratch.

Ademais o departamento de Turismo da Xunta de Galicia conta cunha presenza preferente en todos os soportes publicitarios e difundirá a oferta de golf de Galicia a través de 8.000 trípticos que se lle entregarán aos participantes e aos seus acompañantes. O organismo de promoción turística ocupa tamén varios espazos no campo cos que se promociona a oferta turística galega.

Prensa holandesa

Neste eido da promoción do golf, Turismo de Galicia organizou tamén a viaxe dun xornalista holandés especializado neste deporte, que está a visitar Galicia para coñecer de preto a oferta da comunidade.

O xornalista permanecerá catro días na Comunidade galega, onde xa visitou o Campo de Golf de Meis, as instalacións para a práctica do golf do balneario de Mondariz, así como o campo de golf Ría de Vigo.

Na súa estadía en Galicia, tamén poderá coñecer a oferta gastronómica e a distintas posibilidades que ofrece o territorio galego para complementar a práctica do golf co ocio e o turismo.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →