Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Un total de 11 empresas culturais galegas participarán nos mercados internacionais Mica e Womex co apoio da Agadic

Por   /  28/08/2015 

    Imprimir       Email

Agadic-XuntaA Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou hoxe a adxudicación dun total de 12.486 euros en axudas a 11 empresas galegas para contribuír á cobertura dos seus gastos de asistencia ás feiras internacionais MICA (Mercado de Industrias Culturais Arxentinas) e Womex (World Music Expo).

A través desta liña extraordinaria de subvencións, a Xunta de Galicia busca impulsar a distribución e comercialización dos nosos produtos culturais, favorecendo a presenza de entidades galegas en dous dos encontros considerados estratéxicos para a proxección exterior das industrias culturais. Este programa de apoio forma parte, á súa vez, da política de internacionalización do sector, que a Agadic vén desenvolvendo tamén a través de misións nos principais mercados audiovisuais ou das axudas á distribución para apoiar a presenza de empresas e artistas en feiras, festivais ou certames fóra de Galicia.

A cita máis inmediata será a da terceira edición do MICA, que se desenvolverá do 3 ao 6 de setembro en Bos Aires arredor dun programa de exhibición e intercambio comercial estruturado en seis eixos: artes escénicas, audiovisual, deseño, editorial, música e videoxogos. No caso da delegación galega, ata a capital arxentina desprazaranse os representantes de sete empresas dos sectores do cine (Ficción Producciones e Setembro Cine), escena (Borja Fernández e Títeres Cachirulo), libro (Editorial Galaxia), videoxogos (Factoría de Software e MultimediaI) e produción e xestión cultural (Tres Laboratorio de Ideas & Comunicación).

Participación por convite
Todas elas recibiron o convite do Goberno arxentino para participar neste mercado e darlle así continuidade á relación comercial e artística mantida durante os últimos anos en extensións deste encontro, como foron as pasadas edicións de MICSUR, desenvolvida en Mar del Plata en maio de 2014, ou de MicAtlántica, levada a cabo en Santiago de Compostela en novembro de 2013.

Segundo os primeiros datos facilitados polo Ministerio de Cultura de la Nación arxentina, o MICA duplicará as cifras de asistencia da súa anterior entrega, celebrada en 2013, de xeito que o Centro Cultural Kirchner acollerá arredor de 4.500 participantes, entre os que haberá 200 convidados internacionais de 26 países. A organización estima que se formalizarán unhas 30.000 rondas de negocio, xa solicitadas a través da plataforma virtual do mercado.

Resposta á totalidade de solicitudes
No caso de Womex, esta convocatoria de axudas deu resposta á totalidade das solicitudes recibidas por parte de compañías galegas inscritas na edición de 2015 do que é o meirande mercado internacional no ámbito da música de raíz e tradicional. Así, serán cinco as empresas que se desprazarán ata Budapest para participar nesta feira do 21 ao 25 de outubro: Lospregos, Mare Produción, Musicarte Rey Saavedra, Sons Galiza Comunicación e Tres Laboratorio de Ideas & Comunicación.

A súa presenza na capital húngara posibilitará o seguimento dos contactos de negocio iniciados na última entrega deste evento de sede itinerante, que en 2014 foi acollido pola Cidade da Cultura de Galicia e outros espazos culturais de Santiago de Compostela.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →