Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Unha spinoff do Sergas desenvolve novas abordaxes na loita contra o cancro

Por   /  15/10/2016 

    Imprimir       Email
  • Nasasbiotech, primeira spinoff do Sergas para desenvolver novas abordaxes na loita contra o cancro

 

logoNasasbiotech (nasasbiotech.com) é unha biotecnolóxica galega creada a partir do proxecto CTC Trap, financiado polo Fondo de Ciencia da Fundación Barrié e do programa PRIS do Servizo Galego de Saúde. A empresa, participada pola Fundación Barrié, a Fundación Ramón Domínguez e o Sergas, ten por obxectivo o desenvolvemento de novas estratexias de diagnóstico, prognóstico e tratamento do cancro metastásico.

O seu primeiro desenvolvemento é un novidoso dispositivo médico que captura células tumorales circulantes causantes de cancro metastásico. O sistema xa foi validado en probas preclínicas para o cancro de ovario.

Esta tecnoloxía foi desenvolvida dentro do grupo de investigación de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria (IDIS) do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, coa participación de Rafael López, xefe do Servizo de Oncoloxía Médica, e os investigadores Miguel Abal e Alexandre de la Fuente.

NasasBiotech convírtese, deste xeito, no primeiro caso a nivel estatal donde un servizo rexional de saúde participa directamente nunha empresa promovida por, entre outros, investigadores da propia institución. Esta participación representa un fito no sistema de saúde e na investigación en biomedicina en España. Ao mesmo tempo, confirma o traballo realizado durante os últimos anos polo fomento da transferencia á práctica clínica do coñecemento xerado no sistema público de saúde de Galicia.

O proceso de participación foi liderado pola Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), organismo público creado recentemente pola Consellería de Sanidade e o Sergas para impulsar o I+D e transferencia no ámbito sanitario. ACIS, en colaboración con varios departamentos da Administración autonómica e do Sergas, está a conseguir impulsar un novo modelo para que os resultados da innovación sanitaria cheguen de verdade do laboratorio ao paciente e tamén ao mercado, coa intención de xerar retornos económicos que revirtan na sanidade pública.

O Fondo da Ciencia da Fundación Barrié está a apoiar desde 2010 diversos proxectos de investigación coa finalidade de obter resultados económicos da mellor investigación realizada en Galicia. Así mesmo, deseñou e desenvolveu unha metodoloxía propia de traballo cuxa factibilidade foi validada a través de investimento en proxectos reais, un dos cales é Nasasbiotech.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →