Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Xornada técnica sobre alternativas ao viño tradicional en Sober

Por   /  16/03/2016 

    Imprimir       Email
  • A Evega organiza para mañá xoves en Sober unha xornada técnica sobre alternativas ao viño tradicional
  • A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural, promove esta iniciativa en colaboración co Concello de Sober, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e o Instituto Galego da Calidade (Ingacal), no marco da XXXVI Feira do Viño de Amandi

sober4A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), dependente da Consellería do Medio Rural, organiza para mañá xoves, día 17, a xornada técnica Alternativas ao viño tradicional. Novos produtos. Esta iniciativa, feita en colaboración co Concello de Sober, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e o Instituto Galego da Calidade (Ingacal), enmárcase na XXXVI Feira do Viño de Amandi, que ten lugar na localidade lucense de Sober.

A actividade vai dirixida a viticultores, adegueiros, enólogos, persoal técnico das adegas e dos consellos reguladores, persoal investigador interesado no tema, estudantes e público en xeral.

O principal obxectivo desta xornada é o de afondar no coñecemento doutros produtos con base na uva e de novos procesos de elaboración, entre eles os viños aromatizados con substancias vexetais, o viño sen alcol, o viño rosado ou o viño azul, onde se transforma a cor e o sabor deste produto.

Esta acción formativa da Evega enmárcase no feito de que a visión tradicional do viño está a cambiar, coa incorporación de novos consumidores que demandan outro tipo de bebidas ou outras formas de elaboración: viños aromatizados, refrescos de viño, viños frizzantes, escumosos, viños rosados moi claros case brancos. Adoitan ser viños para un consumidor mozo ao que lle agrada a innovación e a diferenciación.

Son produtos baseados na I+D+i, que buscan unha alternativa diferente e dirixida a sectores distintos do consumidor habitual. O resultado son produtos nos que a uva non é o meirande protagonista senón un produto final saudable, refrescante e moi suxestivo. A xornada pretende ofertar aos participantes unha mostra do amplo abano de alternativas que existen no mercado hoxe en día.

Así, hai adegas galegas que xa apostan por estes produtos innovadores. Na actualidade prodúcese viño frizzante en base a uva Albariña, viño sen alcol, viños aromatizados (vermú), viño rosado, refrescos de viño (sangría) con gran éxito e aceptación do mercado, sen influír nas elaboracións tradicionais. Estas experiencias poden ser útiles para o posible achegamento destes consumidores ao viño tradicional, de forma que non sexa un produto exclusivo de persoas entendidas.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →