Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Xunta e CSIC reforzan a súa alianza cun acordo que permite impulsar a estrutura deste organismo en Galicia captando e retendo o mellor talento

Por   /  19/08/2015 

    Imprimir       Email

xunta-de-galicia-300x135O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e o presidente do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), Emilio Lora-Tamayo, reforzaron a alianza de Xunta e CSIC mediante un acordo de colaboración que permite impulsar a estrutura galega deste organismo, permitíndolle captar e reter ao mellor talento na comunidade. O convenio enmárcase nos contratos-programa da Xunta cos centros de investigación e innovación galegos, unha iniciativa que busca mellorar a excelencia da ciencia galega, a transferencia do seu coñecemento ao mercado para crear emprego, a captación de fondos europeos e a contratación de investigadores.

Conde subliñou que o acordo, asinado na Misión Biológica do CSIC en Pontevedra, supón o terceiro contrato programa consecutivo asinado entre a Xunta e o organismo, dotado con 400.000 euros, co que se suman 1,2 millóns en apoio ao persoal investigador do CSIC nos últimos tres anos. Eses fondos repercuten, tal e como sinalou o conselleiro, na mellora da competitividade do tecido empresarial galego, impulsando que o traballo desenvolvido polo CSIC beneficie a sociedade e potenciando, deste xeito, a investigación como motor de competitividade e crecemento económico.

O financiamento destes contratos-programa está ligado á obtención de resultados contrastables que supoñan unha mellora obxectiva da actividade investigadora e innovadora, implicando, a diferenza dos tradicionais convenios de colaboración, o cumprimento de esixentes indicadores de xestión e de resultados.

O conselleiro enmarcou o acordo de hoxe “nunha alianza máis ampla de Galicia co CSIC”, un traballo conxunto que evidencia as moi boas relacións que o Goberno galego mantén “coa principal institución científica de España”. Unha relación que se traduce, ademais dos contratos programa, na participación do CSIC nas convocatorias da Axencia Galega de Innovación que impulsan a innovación aberta e a transferencia do coñecemento ao mercado galego, participando nos últimos anos en dous proxectos Innterconecta e nunha iniciativa do Conecta Pemes.

Ademais, o traballo conxunto entre ambas administracións esténdese aos centros mixtos de titularidade compartida da Xunta-CSIC. Neste senso, Conde salientou o respaldo do Goberno galego á actividade do Instituto Padre Sarmiento, e a decidida aposta que a Xunta está a facer polo CESGA, de cara ao financiamento tanto da capacidade de supercomputación virtual do centro, como da construción e instalación do novo gran superordenador galego, o Finisterrae 2.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →