Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Xunta e Goberno Central colaboran na implantación dunha rede de oficinas de atención ao cidadán

Por   /  08/07/2015 

    Imprimir       Email

alberto nunez feijoo preside a reunion do consello da xuntaO vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e o Secretario de Estado de Administracións públicas, Antonio Beteta, veñen de asinar un convenio de colaboración a través do cal se promoverán as actuacións precisas para establecer a progresiva implantación dunha rede de espazos comúns de atención ao cidadán que permitirá mellorar a prestación de servizos integrados de atención, información e orientación aos usuarios.

O presente acordo renova e amplía a colaboración asinada en abril de 2007 entre a Xunta de Galicia e a Administración Xeral do Estado. Ademais, reforza o traballo de modernización e mellora dos servizos de atención ao cidadán, que a Xunta leva anos impulsando, e co que se pretende simplificar e facilitar as relacións da cidadanía coa administración, así como introducir o uso de técnicas de administración electrónica.

Nese sentido, o Vicepresidente destacou que nos últimos anos se teñen multiplicado os procedementos e servizos en liña na sede electrónica, que poden ser tramitados as 24 horas do día. Tamén salientou como principal novidade do acordo de colaboración a posibilidade de que os cidadáns podan presentar nos rexistros das Entidades Locais adheridos, solicitudes e escritos dirixidos a Administración Xeral do Estado, a Xunta, e as deputacións e concellos adheridos.

Entre os obxectivos do acordo, figuran a prestación conxunta de servizos de xestión mediante a simplificación dos trámites e procedementos administrativos, e o establecemento de compromisos para intercambiar e compartir medios e instrumentos de información ao cidadán. Así como a articulación de medidas de colaboración para a implantación coordinada dunha rede de espazos comúns de atención ao cidadán.

O convenio establece de igual modo, a clasificación das Oficinas integradas, en función das súas capacidades e do nivel de servizos que presten nas seguintes categorías: oficinas de contacto, nas que os cidadáns poderán presentar solicitudes, escritos e comunicacións, oficinas de información, que facilitarán aos cidadáns información orientación e asesoramento e, por último, as oficinas de xestión, que prestarán servizos conxuntos de tramitación.

Todas elas se situarán aproveitando as infraestruturas públicas pertencentes a devanditas administracións de acordo co que determine a Comisión de Seguimento e respectarán as adscricións orgánicas e funcionais existentes.

As Entidades Locais que desexen adherirse ao presente convenio deberán remitir a súa solicitude á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ou facer a solicitude vía electrónica a través da plataforma de adhesións do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas https://ssweb.seap.minhap.es/portalEELL/.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →