Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

A Xunta leva executados practicamente a totalidade dos proxectos de cooperación para o desenvolvemento do 2015

Por   /  24/08/2015 

    Imprimir       Email

xunta-de-galicia-300x135A Xunta de Galicia leva executado a práctica totalidade do orzamento do programa ‘Cooperación Exterior’, que esta xestionado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Vicepresidencia e ten por obxecto facer cumprir as actuacións previstas dentro do Plan Anual 2015 da Cooperación Galega.

Neste Plan Anual, que se enmarca no III Plan Director da Cooperación Galega 2014-2017, recóllense os compromisos, os medios de actuación e os recursos orzamentarios do goberno Galego para este ano en materia de cooperación para o desenvolvemento, de acordo coas orientacións establecidas no devandito Plan Director. A dotación orzamentaria para este ano é de 4.143.715 euros, dos cales xa está executado o noventa e seis por cento.

É de destacar que o 75 por cento deste orzamento foi destinado a convocatorias públicas de axudas. Neste sentido, no marco das axudas para proxectos e microproxectos no exterior de ONGD e doutros axentes de cooperación estanse a financiar 23 proxectos. A estes se lle suman 5 proxectos máis de Acción Humanitaria e outros 15 de Educación para o Desenvolvemento e Consolidación e Fortalecemento de ONGD no período 2015- 2016.

Así mesmo, tendo en conta que xa no pasado ano foron aprobadas axudas para numerosos proxectos plurianuais, actualmente estase a dar cobertura ao compromiso financeiro que corresponde coa anualidade 2015 doutros 23 proxectos. Cinco deles aprobáronse ao amparo da convocatoria de Investigación para o Desenvolvemento das Universidades galegas e dezaoito da convocatoria de Educación e o Desenvolvemento e de Consolidación e fortalecemento de ONGD. O importe conxunto destas axudas supera os 350.000 euros.

Formación de expertos
Tal e como se fixo o ano pasado, no 2015 tamén se apoiou a formación de expertos en cooperación para o desenvolvemento coa convocatoria de oito bolsas de formación, de doce meses de duración, que contan cun orzamento de 133.700 euros para os anos 2015-2016.

Na resolución adxudicáronse dúas bolsas para a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE; cinco para as Oficinas Técnicas de Cooperación de Perú, Ecuador, Nicaragua, República Dominicana e Mozambique; e unha última para a sede da FAO En Guatemala.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →