Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

A Xunta participa na Habana no festival La Huella de España, que este ano está dedicado a Galicia

Por   /  12/04/2015 

    Imprimir       Email

Alfonso RuedaO vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, realizarán esta fin de semana unha viaxe institucional a Cuba, onde teñen previsto participar este domingo na inauguración do festival `La Huella de España´, que este ano esta dedicado a Galicia e que contará con distintas actividades como concertos, exposicións, eventos gastronómicos, xornadas formativas e conferencias.

O festival, que chega á súa 26 edición, foi presentado oficialmente a pasada semana pola súa presidenta, a bailarina e coreógrafa cubana Alicia Alonso, directora do Ballet Nacional de Cuba. O evento, que durará unha semana, contará con invitados galegos como o cantautor Andrés Suárez ou a gaiteira Cristina Pato e tamén acollerá exposicións fotográficas e conferencias, entre as que destacan as relacionadas co Camiño de Santiago.

Ademais de participar na inauguración deste evento, o vicepresidente da Xunta e o secretario xeral de Emigración tamén manterán encontros coa colectividade galega en Cuba e reunións con distintas autoridades do Goberno cubano, co obxectivo de avanzar nas relacións entre Galicia e Cuba en ámbitos tan relevantes como o da cooperación ao desenvolvemento, o cultural e o comercial, nun momento de especial relevancia ante o proceso que se está a desenvolver no país.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →