Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Aprobado un proxecto de preto 1.200.000 € para a protección do patrimonio cultural en zonas de montaña

Por   /  22/10/2016 

    Imprimir       Email
  • A UE aproba un proxecto de máis dun millón de euros, no que participa o Inorde, para a protección do patrimonio cultural en zonas de montaña
  • “A iniciativa permitirá levar a cabo accións de promoción de contornas rurais de montaña da provincia de Ourense, así como de turismo sustentable”, afirma o presidente do Inorde, Rosendo Fernández
  • Xunto co Inorde, figuran como socios europeos do denominado proxecto CRinMA institucións de Polonia, Eslovaquia, Portugal, Francia e Italia

 

interreg_europe-e1476372933545A Unión Europea vén de aprobar un proxecto de máis dun millón de euros (1.199.250 €), no que participa o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), que ten como obxectivo a protección do patrimonio cultural das zonas de montaña. Esta iniciativa “permitirá levar a cabo accións de promoción de contornas rurais de montaña da provincia de Ourense, así como de turismo sustentable”, afirma o presidente do Inorde, Rosendo Fernández, quen agradece o labor levado a cabo polo equipo do Inorde “para conseguir a aprobación deste importante proxecto por parte das autoridades europeas”. No proxecto, denominado CRinMA, o instituto dependente da Deputación de Ourense participa como socio xunto a institucións de Polonia, Eslovaquia, Portugal, Francia e Italia.

O proxecto pertence ao programa Interreg Europa e o seu obxectivo xeral é mellorar as políticas rexionais relacionadas coa protección e promoción do patrimonio cultural nas zonas de montaña. Ademais, establécense outros tres obxectivos que son o fortalecemento da identidade local baseada no patrimonio cultural nas rexións montañosas da fronteira; a mellora na protección e uso sustentable do patrimonio cultural nas zonas de montaña; e a mellora na promoción e transformación creativa do patrimonio cultural nas zonas de montaña.

O traballo que desenvolverá a partires de agora o Inorde cos seus socios de proxecto ten como liñas de actuación a elaboración de plans de desenvolvemento rexional, e a organización de mesas temáticas, conferencias e sesións de formación interregional, ademais de accións de publicidade e difusión, realización dunha páxina web do proxecto e implantación de novas tecnoloxías.

O principal tema abordado polo proxecto é a protección e promoción do patrimonio cultural nas áreas de fronteira da montaña. Precisamente, na Estratexia Europa 2020, a diversidade cultural e o respecto polos recursos naturais figuran entre os puntos fortes da Unión Europea, e o “Libro verde” sobre o potencial das industrias culturais e creativas menciona a promoción do patrimonio cultural “para uso de negocios e desenvolvemento de infraestrutura cultural e de servizos para apoiar o turismo sustentable”.

O proxecto de CRinMA contribúe á protección do patrimonio cultural e recolle aspectos como a conservación da arquitectura tradicional, pinturas populares (incluíndo a dixitalización dos patróns folclóricos tradicionais) e a protección da diversidade cultural e a valorización das tradicións locais e costumes. Aínda que as zonas de montaña seleccionadas para o proxecto difiren en canto a tradicións, costumes e contorna natural, algunhas boas prácticas poden ser transferibles para a protección e uso sustentable do patrimonio cultural. Neste sentido, a cooperación interrexional, que proporciona unha oportunidade para o intercambio de experiencias e aprendizaxe interrexional, pode contribuír á correcta comprensión do papel que o patrimonio cultural podería desempeñar no crecemento intelixente e sustentable das rexións de fronteira da montaña.

Xunto co Inorde, os demais socios do proxecto son as rexións de Malopolska e Podkarpackie (Polonia), a Axencia de Desenvolvemento Rexional de Presov (Eslovaquia), o municipio de Montealegre (Portugal), a Asociación Europea de Representantes das Rexións de Montaña (Francia) e as unións de municipios de montaña de Francia e de Piedmont-Uncem Piedmont (Italia).

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

La mercancía incautada

Detenidos en Oímbra dos vecinos de Portugal por un delito contra la propiedad industrial por transportar ropa falsificada por valor de 11.000 euros

Leer mas →