Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Mostra fotográfica de Tommaso Pini sobre o Camiño de Santiago en Bolonia

Por   /  30/10/2016 

    Imprimir       Email
  • A sala Borsa de Bolonia acolle unha mostra fotográfica sobre o Camiño de Santiago promovida por Turismo de Galicia
  • O fotógrafo italiano Tommaso Pini expón 50 fotografías realizadas durante o seu percorrido pola Ruta Xacobea
  • O turismo de Italia, que xa supón o segundo mercado emisor internacional máis importante para a Comunidade galega logo de Portugal, medrou un 3,5% no relativo ao número de viaxeiros aloxados nos oito primeiros meses do ano
50 fotografías sobre o Camiño de Santiago

50 fotografías sobre o Camiño de Santiago

 

A sala Borsa de Bolonia acollerá ata o día 19 de novembro unha mostra de 50 fotografías sobre o Camiño de Santiago organizada por Turismo de Galicia en colaboración coa Oficina de Turismo de España en Milán ao obxecto de promover a Ruta Xacobea no norte de Italia.

As imaxes foron tomadas por Tommaso Pini, un peregrino italiano que foi fotografando distintos aspectos do Camiño na súa andaina ata Compostela. Así, a mostra consta de 70 fotografías, das que 50 son retratos e 20 paisaxes.

Ademais, todas as fotografías están catalogadas con códigos QR que permiten acceder a un blog no que se detalla a historia de cada imaxe.

Esta mostra xa visitou as cidades de Turín, o pasado mes de abril, e Milán, no mes de maio, cun grande éxito de público interesado no Camiño de Santiago.

Demanda turística de Italia
Con máis de 58.000 viaxeiros aloxados e preto de 82.000 pernoitas no segmento hoteleiro, o mercado italiano consolidouse este verán como o segundo máis importante de Galicia, por detrás de Portugal

Polo que respecta aos oito primeiros oito meses de 2016, superouse nun 3,5% a cifra de viaxeiros italianos aloxados e nun 2,4% o volume de pernoitas do mesmo período de 2015.

Ademais, con preto de 150.000 pernoitas hoteleiras, o mercado italiano representou neste período o 11,4% do total internacional da comunidade, consolidándose tamén nestes oito primeiros meses como o segundo mercado en orde de importancia por detrás de Portugal.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

Papá Noel conectará a través de videoconferencia con mais de 1.600 nenos e nenas

Leer mas →