Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

O turismo de Galicia promóvese en Portugal dentro da feira Mundo Abreu

Por   /  12/04/2015 

    Imprimir       Email

image_gallery

 

A oferta turística galega presentase esta fin de semana en Portugal, dentro da feira Mundo Abreu, un certame turístico organizado en Lisboa polo operador Viaxes Abreu no que participan os axentes da compañía e varios destinos turísticos convidados, entre eles Galicia.

Viaxes Abreu é o principal operador turístico de Portugal e cada ano organiza esta feira para presentar as novidades da propia compañía no ámbito das viaxes turísticas e algúns destinos turísticos teñen a posibilidade de presentar a súa oferta ao público que asiste a este certame.

Está previsto que este ano, entre hoxe e mañá, asistan máis de 130.000 persoas, moitas das cales mercan as súas vacacións atraídas polas ofertas e descontos que se ofrecen no certame.

Galicia estará presente cun recinto aberto ao público a través do que se difundirá a oferta turística galega en xeral facendo fincapé nas posibilidades turísticas de Galicia para este verán.

No pasado ano 2014 rexistráronse 164.576 viaxeiros portugueses aloxados nos establecementos regrados de Galicia, cifra que superou nun 6,6% o dato do anterior ano 2013.

O mercado portugués representou en 2014 o 16,5% do total da demanda turística internacional de Galicia consolidándose como o primeiro mercado estranxeiro da nosa comunidade.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →