Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Ourense-Norte de Portugal: unión para impulsar proxectos que valoricen o termalismo

Por   /  07/10/2016 

    Imprimir       Email
  • Ourense e o Norte de Portugal únense para impulsar proxectos que valoricen o termalismo
  • Deputación de Ourense e CHMS desenvolven con concellos limítrofes do Miño e o Limia o proxecto “A Raia Termal”, presentado ao programa de cooperación hispano-lusa
Inauguración de O Termalismo como elemento dinamizador do territorio transfronteirizo

Inauguración de O Termalismo como elemento dinamizador do territorio transfronteirizo

 

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), inauguraron esta mañá en Melgaço (Portugal) unha xornada enmarcada en “O Termalismo como elemento dinamizador do territorio transfronteirizo”, organizada por ambas entidades, na que expertos nacionais e internacionais, aportan unha perspectiva técnica sobre a captación de Fondos Europeos e do encaixe e enfoque que se pode dar aos distinto programas operativos.

Rosendo Fernández destacou na súa intervención a importancia da cooperación no proxecto “Raia Termal”, “que nos permite ter a posibilidade de alcanzar un maior financiamento para os nosos proxectos, aumentar e dimensionar a oferta do noso produto pero, ademais, permítenos traballar con outros profesionais e xerar transferencia do coñecemento”.

Asemade o vicepresidente da Deputación sinalou que o termalismo “é patrimonio e un camiño de ida e volta; desde as súas orixes, está vinculado ao descubrimento e á valorización das contornas onde se atopa”, e salientou do termalismo “o aproveitamento das súas augas a todos os niveis: co seu carácter médico e de motor dinamizador dun entorno que supera o límite fronteirizo para unir obxectivos comúns e construír arredor deste elemento diferencial único un produto integrado en ámbolos dous lados da fronteira”.

No encontro constatouse que a consecución de fondos europeos é imprescindible para o desenvolvemento intelixente, sostible e integrador das zonas máis desfavorecidas de Europa, e expúxose o proxecto de cooperación transfronteiriza –POCTEP-, “A Raia Termal”, que ten como obxectivo a protección, recuperación e posta en valor dos recursos naturais ligados ao patrimonio termal de fronteira entre Galicia e o Norte de Portugal, co ánimo de contribuír ao desenvolvemento do termalismo e favorecer o turismo de calidade na zona.

As entidades promotoras do proxecto son a Deputación de Ourense e a CHMS, tendo como socios aos concellos ourensáns de Bande, Cortegada, Lobios e Muíños, e as Cámaras Municipais portuguesas de Melgaço e Terras de Bouro.

O ámbito no que se pretende actuar son as zonas termais transfronteirizas do río Miño (Concello de Cortegada, e Cámara Municipal de Melgaço) e do río Limia, nos ámbito dos concellos de Lobios, Bande e Muíños, e da Cámara Municipal de Terras de Bouro.

Para a consecución dos obxectivos plantexados o proxecto estrutúrase en seis eixos de actuación. O primeiro trata a vertebración dunha rede de termalismo transfronteirizo; o segundo, a recuperación ambiental e a posta en valor de entornos naturais de espazos termais; o terceiro, ocúpase da valorización e recuperación de infraestruturas e elementos patrimoniais termais; o cuarto, contempla a xestión conxunta e a promoción de recursos e itinerarios termais de frontera; sendo o quinto e o sexto, os referidos á difusión, coordinación e xestión.

Dentro das actividades que se contemplan en cada un dos eixos destaca a creación dunha folla de ruta para o impulso do Termalismo de Fronteira, con estratexias consensuadas e actividades planificadas; as actuacións puntuais para solventar problemáticas de augas residuais existentes nas proximidades de entornos termais: a construción de sendeiros, a restauración arbórea e a recuperación, mellora e acondicionamento das ribeiras dos ríos nas contornas termais.

Tendo en conta a complexidade do proxecto, o número de socios e o marco temporal de execución que se estima en 36 meses, o presuposto do proxecto ronda os 3,4 millóns de euros, dos cales se espera que un 75% sexa co-financiado por FEDER.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →