Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Cumio nacional de deputacións en Alacante

Por   /  07/10/2016 

    Imprimir       Email
  • A Deputación de Ourense, presente no cumio nacional de deputacións, en Alacante

0-0-0-0-0-0-0-0-0-0-0-0-0-0-0-0-0-0-0-0-0-0-foro-alicante

 

A Deputación de Ourense participou en Alacante no cumio nacional de deputacións, que baixo o lema “Historia, presente e futuro das deputacións en España no século XXI” analizou o papel das corporacións provinciais e aborda os retos do futuro. A participación do goberno provincial neste encontro foi a través do relatorio que ofreceu o asesor de Proxectos Estratéxicos da Deputación de Ourense, Jose Sampayo, quen expuxo o modelo provincial “Smart Province”, explicando que esta denominación vai aplicada a seis ámbitos: medio ambiente, co obxectivo de optimizar os recursos naturais e racionalizar consumo de enerxía; infraestruturas, para xestionar da forma máis eficiente a frota de vehículos; economía e facenda, para potenciar a economía da rexión a través do uso intensivo das TIC; benestar, cultura e deporte, para mellorar a calidade de vida dos cidadáns a través do uso das TIC no ámbito da teleasistencia, xestión de emerxencias e seguridade cidadá, cultura e deportes; cooperación, regulamento e recursos humanos, co obxectivo de fomentar a colaboración entre concellos, aumentar a transparencia na xestión; e en materia institucional e de proxección exterior, favorecer o emprendemento e o desenvolvemento do turismo. O modelo “Smart Province” “ofrece un salto cualitativo do modelo Smart City, ao empregar ao veciño como sensor principal. Trátase dun modelo pioneiro liderado polo presidente do goberno provincial, Manuel Baltar”, explicou Jose Sampayo, quen asegurou que outras corporacións provinciais españolas mostraron interese por implementar este modelo no seu territorio.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →