Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Un proxecto de innovación do CHUO, Premio Nacional

Por   /  28/01/2016 

    Imprimir       Email

PREMIO NACIONAL PARA UN PROXECTO DE INNOVACIÓN DO CHUO QUE APLICA AS TIC A MONITORIZACIÓN DO ESTADO DO PACIENTE

 

  • O proxecto de Hospitalización Experimental H2050: SISENS, que se esta desenvolvendo no CHUO, permite recoller de xeito totalmente informatizado e inalámbrico tódolos parámetros de control do paciente, desde súas constantes biolóxicas básicas e avanzadas ata as ambientais

  • A Fundación Ad Qualitatem” para a promoción e desenvolvemento da excelencia na xestión sociosanitaria, otorgoulle hoxe o primeiro premio na categoría de “Mellor Proxecto TIC en Sanidadedotado con 6.000 euros

logotipoA responsable da Xerencia de Xestión Integrada do Sergas en Ourense, Eloína Núñez, recibíu onte en Madrid, na sede de Previsión Sanitaria Nacional, o Premio da Fundación “Ad Qualitatem” ao Mellor Proxecto de aplicación das Tecnoloxías da Información (TIC) en Sanidade, polo proxecto do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense “SISENS”, experiencia pioneira a nivel europeo, enmarcada no H2050, que permite, mediante o uso dunha nova tecnoloxía desenvolvida a este fin, recoller e rexistrar, de xeito totalmente inalámbrico e automático, tódolos parámetros biolóxicos e ambientais para o control do estado e evolución dun paciente.

SISENS é un dos núcleos centrais do proxecto “Hospitalización Innovadora”, un dos moitos que estes días desenvólvense no CHUO no marco do Proxecto, cofinanciado ao 80% polos fondos FEDER da Unión Europea, Hospital 2050. As primeiras experiencias no testado desta innovadora tecnoloxía en Ourense están resultando moi satisfactorias, e súa aplicación estenderase á totalidade de habitacións das unidades de Hospitalización Experimental, á apertura este ano do novo Edificio de Hospitalización, no que constituirá unha experiencia sen referentes ata a data.

Un receptor de monitorización integral único

Para o desenvolvemento do proxecto SISENS, financiouse a creación dunha nova tecnoloxía que consiste nun “Concentrador Intelixente”. Este equipamento, de reducido tamaño para facilitar súa mobilidade, permite captar e volcar a información do estado clínico, e evolución do paciente, ao sistema de cuidados de enfermería e á historia clínica. Esta captación-transmisión pode realizarse desde distintos ámbitos, coma unidades de hospitalización, quirófanos, urxencias, ambulancias e o propio domicilio do paciente, como na Hospitalización a Domicilio.

Desde o ritmo cardíaco ata a presión do colchón

O receptor intelixente capta as sinais, vía bluetooth, wifi, radio frecuencia e radiodifusión dixital, dun conxunto de equipamento inalámbrico, que mide as constantes vitais do paciente ingresado, desde as básicas, como a tensión arterial, o pulso, a glucemia e a temperatura, como as mais complexas: electrocardiograma, nivel de analxesia ou sedación (Índices ANI) así como dos equipos de Monitorización (cardíaca, respiratoria e saturación de osíxeno).

Todo elo, compleméntase coa pulsadores de chamada inalámbricos e sensores de caída do paciente, asi como de captación das variacións de presión do colchón, permitindo detectar si o paciente esta axitado ou demasiado inmóbil, esto último de gran utilidade, para o inicio precoz de cambios posturais, para evitar se desenvolva unha úlcera por presión.

Xunto a este completo rango de medicións do estado clínico do paciente, os profesionais sanitarios contan coa valiosa información que recibe outro dos equipos TIC instalados: Un sensor ambiental central, instalado na habitación do paciente, que mide as condicións ambientais: temperatura, ruído, humidade, luminosidade e presión, asi coma de xestión de alertas, integrando a información aportada polos distintos sensores.

O ambicioso proxecto SISENS contempla así a plena automatización, en tempo real, das sinais biolóxicas e ambientais, para o control periódico do paciente, dun xeito integral, ata agora descoñecido no sector sanitario, e plenamente integrado cos sistemas de rexistro dos coidados e evolución do paciente do Sergas: o Programa “Gacela” de coidados de Enfermería e a Historia Clínica (IANUS), sen precisar por tanto o traslado manual desta información, evitando erros de transcrición ou recollida, e facilitando o traballo asistencial. Asemade, a recepción-transmisión respecta os estándares da industria, o que facilita a integración e compatibilidade cos distintos equipos ou aplicacións informáticas.

Ourense: Entorno demostrador europeo

O proxecto SISENS esta a ser desenvolvido integramente desde Ourense, coa colaboración dos profesionais sanitarios e dos servizos de Sistemas e Tecnoloxías da Información, do CHUO e Servizos Centrais, con tecnoloxía 100% galega, desenvolvida ad hoc pola empresa adxudicataria deste proxecto H2050, e adquirida pola vía de Compra Pública Innovadora (CPI) á UTE Televés-Indra, o que permite a participación do Sergas nos futuros beneficios da súa patente.

Entre a súas múltiples vantaxes de cara aos usuarios e profesionais, a tecnoloxía desenvolvida mediante o proxecto SISENS permitirá mellorar o seguimento do paciente, facilitando a labor de vixilancia do persoal sanitario, mellorando a seguridade na trazabilidade da información, identificación do paciente e a comunicación, ademais da detección precoz das posibles variables adversas e mellora do confort do paciente, cunha menor necesidade de interromper seu descanso para a realización de controis periódicos.

Neste intre, o novo equipamento e sistema de traballo esta sendo implantado en distintas áreas do complexo universitario ourensán, unidades de hospitalización e boxes de críticos e observación de urxencias e, en días vindeiros, na área cirúrxica, avanzando nas posibilidades de integración dos distintos equipos de quirófano. Para seu pilotaxe e desenvolvemento, esta a ser clave a participación do persoal de enfermería, previamente formado, así como a colaboración do grupo de pacientes que estes días estrean a nova tecnoloxía.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →