Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Ourense, estreo do ‘hit musical’ de ‘La Vuelta’

Por   /  08/06/2016 

    Imprimir       Email
  • Ourense e Marta Sánchez, protagonistas do spot oficial da “Vuelta a España” 2016
  • O vídeo-clip amosa imaxes de distintas localización da xeografía ourensá e galega coa canción “El ganador”, composta por Marta Sánchez especialmente para a ocasión
  • Manuel Baltar destacou “a repercusión económica e a proxección mediática que suporá que esta proba ciclista percorra catro etapas na provincia de Ourense” e subliñou o feito de que a canción foi escrita e creada “pola raíña do pop español, Marta Sánchez”
  • O spot emitirase por televisión a partir do vindeiro 2 de xullo, “para anunciar a proba e animar á xente a visitar Galicia”, sinalou Javier Guillén, director xeral de “La Vuelta”.
  • Marta Sánchez agradeceu que contasen con ela para “poñer voz á sintonía da Vuelta” e convidou este verán a “bailar e pedalear a ritmo desta canción e dunha das probas ciclistas máis importantes do mundo”

0 0 0 0 0 MB spot la vuelta 1

 

A “Vuelta a España” 2016 estreou onte o seu spot oficial no Teatro Principal de Ourense coa canción composta e creada para esta ocasión, “El ganador”, de Marta Sánchez, destacando no vídeo-clip as imaxes da provincia de Ourense e da xeografía galega como protagonistas. No acto de presentación participou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o director xeral da “Vuelta”, Javier Guillén; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a artista Marta Sánchez; e o secretario Xeral de Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, acompañados polo músico ourensán, Daniel Minimalia, e o gaiteiro, Anxo Lorenzo, quen tamén participaron na gravación do spot.

Manuel Baltar destacou a importancia deste evento deportivo para a provincia de Ourense como “unha das tres probas de ciclismo máis importantes de ámbito mundial, que nesta 71 edición terá a Ourense como protagonista”.

O presidente da Deputación de Ourense, impulsor do feito histórico de que por primeira vez na súa historia, a “Vuelta” percorra catro etapas na provincia de Ourense, dixo que esta proba ciclista ademais de deporte “supón repercusión económica e proxección mediática, impulsada con este videoclip, cunha canción que foi escrita e creada, especialmente para esta ocasión, pola raíña do pop español, Marta Sánchez”.

Ao respecto da canción, Baltar asegurou que “encaixa perfectamente coa filosofía de “La Vuelta” e agradeceu que Ourense “sexa o estreo deste hit musical”.

Marta Sánchez dixo que crear esta canción “é unha grande oportunidade para promocionar con forza “Galicia no mundo”, unha das terras máis belas”, e lembrou a súa vinculación con Galicia, por ser gran parte da súa familia de aquí. Ademais asegurou que descubrira “paraxes espectaculares en Ourense”, e que sempre estivo moi vencellada ao mundo do deporte. Así mesmo, felicitou a Minimalia e a Anxo Lorenzo “por poñer o seu toque maxistral” ao tema El ganador. A cantante dixo estar orgullosa por ser “a primeira vez que alguén compón e crea un tema especialmente para a ocasión”.

Javier Guillén explicou que contar con Marta Sánchez na gravación do spot de “La Vuelta” débese a que “na busca da calidade para ser os mellores, topamos en Marta a excelencia”, e engadiu que contar con ela “vainos permitir chegar a todo tipo de públicos. Sempre que canta fainos bailar e, a partir de agosto, faranos pedalear”.

O spot que se anunciará en televisión a partir do 2 de xullo “anunciará que “La Vuelta” se retransmitirá en TVE desde o 20 de agosto, e ademais atraerá á xente para que vexa a proba a través da televisión e tamén se anime a visitar Galicia”, sinalou o director da “Vuelta”.

A directora de Turismo de Galicia asegurou que a emisión deste spot de xullo a setembro é “unha magnífica ferramenta para dar a coñecer a excelente gastronomía e o patrimonio cultural diseminado por toda a xeografía galega”, e engadiu que esta proba “conxuga deporte con promoción turística, e este spot supón unha carta de presentación de Galicia como destino, a nivel internacional”.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →