Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

16-N: debate sobre o “Estado da Provincia de Ourense”

Por   /  09/11/2016 

    Imprimir       Email
  • O debate sobre o “Estado da Provincia de Ourense” celebrarase o 16 de novembro
  • Os grupos políticos teñen de prazo ata o vindeiro 14 de novembro para presentar as propostas de resolución para debater no pleno
  • A Deputación de Ourense foi o primeiro goberno provincial de Galicia e unha das primeiras provincias de España en celebrar un debate destas características

 

1fachada-deputacin-ouO vindeiro 16 de novembro terá lugar no Salón de Plenos da Deputación de Ourense a sesión plenaria extraordinaria de debate sobre o “Estado da Provincia”. Os grupos políticos teñen de prazo ata o 14 de novembro para presentar as propostas de resolución para debater no pleno.

Este será o segundo debate sobre o “Estado da Provincia de Ourense” –o primeiro tivo lugar en 2014 e en 2015 non se celebrou por coincidir en período pre-electoral-, sendo a Deputación de Ourense o primeiro goberno provincial de Galicia e unha das primeiras provincias de España en celebrar un debate destas características.

A iniciativa está contemplada no Código Ético e de Conduta da institución provincial e con ela “a Deputación de Ourense destaca na liña da transparencia e da comunicación aberta, directa e activa para que os cidadáns coñezan todo o relativo ao funcionamento, xestión e organización da institución provincial”, afirma Manuel Baltar.

Na sesión plenaria cada grupo político poderá formular ata un máximo de 10 propostas de resolución, que deberán presentaranse por escrito desde a data da convocatoria ata o día 14 de novembro ás 14.30 horas, no Rexistro Xeral da Deputación Provincial. O debate abrirase cunha intervención da Presidencia por un tempo máximo de 30 minutos, e a continuación, cada grupo político disporá de 15 minutos de intervención para a formulación de réplica á intervención do presidente e defensa das propostas de resolución presentadas.

A orde de intervención dos grupos estará determinada polo número de deputados cos que conten, intervindo en primeiro lugar o Grupo do BNG, seguido do Grupo de Democracia Ourensana, do Grupo Socialista e do Grupo Popular. Concluídas as intervencións dos grupos suspenderase o pleno por espazo de 30 minutos, durante os cales os portavoces poderán reunirse para a negociación de posibles acordos respecto das propostas de resolución.

O Pleno continuará cunha quenda de dúplica do presidente por un tempo máximo de 10 minutos, á que seguirá unha quenda de redúplica dos grupos políticos por un tempo máximo de 5 minutos cada un, coa mesma orde de intervención que a quenda de réplica. O debate pecharase cunha intervención do presidente por un tempo máximo de 5 minutos, e unha vez concluído o debate procederase á votación individual das propostas de resolución presentadas, incluíndo as emendas que se acordasen ao respecto.

O debate sobre o “Estado da Provincia” –ao igual que acontece cos plenos ordinarios- será retransmitido en directo a través da páxina web da Deputación de Ourense, para que poida ser seguido pola cidadanía desde calquera lugar e localización.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

La mercancía incautada

Detenidos en Oímbra dos vecinos de Portugal por un delito contra la propiedad industrial por transportar ropa falsificada por valor de 11.000 euros

Leer mas →