Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

175 matriculados na Escola de Artes e Oficios

Por   /  05/01/2016 

    Imprimir       Email
  • A Escola de Artes e Oficios da Deputación abre o curso con 175 matriculados

A Escola de Artes e Oficios abre o curso con 175 matriculados

 

A Escola de Artes e Oficios da Deputación Provincial de Ourense, que ten período lectivo entre os meses de xaneiro e xuño do ano en curso, abriu este luns, 4 de xaneiro, unha nova etapa formativa cun total de 175 matrículas das diferentes disciplinas que se imparten na escola.

Esta escola, que ten máis dun século de vida, imparte as disciplinas de debuxo e iniciación á pintura, perfeccionamento en pintura, modelado e vaciado en barro (escultura), oleiría e talla en madeira.

As matrículas formalizadas neste curso distribúense por especialidades da seguinte maneira: debuxo e iniciación á pintura, 50 alumnos; perfeccionamento en pintura, 46 alumnos; modelado, 22 alumnos; oleiría, 23 alumnos; e talla en madeira, 34 alumnos.

Á presentación deste novo curso académico asistiu o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o asesor de cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar; e o director da Escola, Francisco González Bouzán.

A xornada lectiva é de luns a venres, en horario de 19.00 a 21.00 horas e o curso rematará o día 30 de xuño.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →