Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

50º aniversario dun motor económico para a provincia

Por   /  02/04/2016 

    Imprimir       Email
  • Manuel Baltar reafirma “a alianza estratéxica” entre a Deputación de Ourense e o Polígono de San Cibrao, motor económico da provincia
  • No acto de inauguración da feira empresarial “O polígono nunca visto”, onte en Expourense, o presidente do goberno provincial agradeceu á asociación, aos empresarios e aos traballadores “estes 50 anos de innovación, traballo e competitividade en favor da provincia de Ourense”

0 0 MB en Expourense abr16

 

A sede da Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense, Expourense, acolleu onte a inauguración da feira empresarial “O polígono nunca visto”, que organiza a Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao con motivo do 50º aniversario do recinto empresarial máis importante de Galicia. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reafirmou no acto inaugural “a alianza estratéxica que mantén a institución provincial co Polígono de San Cibrao, motor económico da provincia”, e subliñou a importancia dos proxectos que ámbalas dúas entidades desenvolven conxuntamente, entre os que citou o Servizo de Emerxencias que a Deputación sufraga no recinto empresarial, “unha colaboración público-privada que puxo en marcha a Deputación de Ourense hai 50 anos e que se visualiza en proxectos que favorecen o crecemento e o impulso competitivo do Polígono de San Cibrao”.

Manuel Baltar afirmou que a clave de cincuenta anos de éxitos empresariais está na capacidade de sacrificio de empresarios e traballadores, nas ideas que desenvolveron, na cooperación, e na boa xestión, destacando neste sentido o balance económico da institución provincial referidos ao ano 2015, que reflicten os mellores resultados do ente provincial en toda a súa historia, citando como exemplo os 26,7 millóns de euros de remanente de Tesourería e a menor porcentaxe de endebedamento, situada no 34,9 %, “o que nos permite seguir realizando proxectos que acheguen competitividade e mellores servizos e infraestruturas para os concellos, as empresas e os cidadáns da provincia de Ourense”.

Pola súa banda, Elías Mera, presidente da asociación dixo que esta feira empresarial, na que participan unhas 80 firmas do polígono, “ten como obxectivo abrir as portas das empresas do noso recinto empresarial para que a cidadanía coñeza as experiencias e os produtos dunha significativa parte do sector empresarial ourensán”, e remarcou que na súa plena madurez “o polígono de San Cibrao segue crecendo sólido, estable e de maneira continua, sendo o referente do emprego na provincia de Ourense, con máis de 8.000 postos de traballo”.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, afirmou que o Polígono de San Cibrao é o epicentro empresarial da provincia de Ourense, “cunha historia de éxito que debemos coidar e protexer”. Núñez Feijoo explicou que neste recinto empresarial “traballan a metade das medianas empresas da provincia e que nel están instaladas a metade das empresas industriais de Ourense”, e anunciou que o goberno galego está a traballar para situar no polígono de San Cibrao “unha estación ferroviaria de mercadorías” e que xa se consignaron “15 millóns de euros para a conexión viaria entre o polígono e a autovía”, infraestrutura esta última da que dixo que nas próxima semanas se adxudicará o proxecto construtivo.

A feira “O polígono nunca visto” celébrase en Expourense entre hoxe e mañá, 2 de abril. Conta con 80 empresas do polígono de San Cibrao que exhiben os seus produtos e experiencias empresariais, e ademais o programa de actividades abrangue espectáculos científicos, demostracións, mesas redondas e conferencias sobre emprendemento e innovación, así como un foro de emprego con actividades referidas ao mercado laboral.

O acto inaugural contou tamén coa presenza do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; do alcalde de San Cibrao das Viñas, Pedro Fernández; do presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Dieter Moure; do presidente da Confederación Empresarial de Ourense, José Manuel Pérez Canal, e do conselleiro de Industrial Francisco Conde.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →