Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

A Agadic e a Asociación Culturgal asinan un convenio para a realización de actividades na 8ª Feira das Industrias Culturais

Por   /  11/06/2015 

    Imprimir       Email

O director da Agadic, Jacobo Sutil, e o presidente da Asociación Culturgal, Manuel Bragado, asinarán un convenio para a realización conxunta de actividades na oitava edición da Feira das Industrias Culturais. Será na sede da Agadic na Cidade da Cultura (Centro de Emprendemento. Andar -1).  foto xoán crespo 10/06/15

 

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e o presidente da Asociación Culturgal, Manuel Bragado, asinaron hoxe na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, un convenio de colaboración polo que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria achega 50.000 euros para a realización conxunta de actividades enmarcadas na vindeira oitava edición da Feira das Industrias Culturais.

As dúas entidades asumen deste xeito o compromiso para o establecemento de iniciativas que reforcen a acción cultural que se desenvolve en Galicia, conxugando o encontro profesional coa presentación, promoción e venda de bens e servizos culturais, atendendo así ao fomento da demanda de produtos culturais na sociedade galega.

Neste sentido, a organización de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, favorece a creación dun espazo onde as industrias culturais e creativas galegas poden presentar, difundir e vender os seus produtos e actividades co obxectivo da súa propia dinamización a través da cooperación e o apoio entre elas, ao tempo que se preservan e difunden a lingua e a cultura galegas nos eidos do libro, da creación audiovisual, das artes escénicas, da música, do deseño, da Internet e das novas tecnoloxías.

O obxecto concreto do convenio é o desenvolvemento de actividades culturais e profesionais no marco de Culturgal 2015, que terá lugar en Pontevedra do 4 ao 6 de decembro, mediante unha programación que contempla actuacións en directo de música e artes escénicas, presentación de produtos, proxectos e servizos, proxeccións audiovisuais, encontros entre profesionais e creadores e entre estes e o público asistente, ademais de debates, foros de opinión e obradoiros.

No documento asinado hoxe recoñécese, ademais, a Culturgal como o encontro galego de referencia para todos os axentes do sector cultural e como un espazo que, vertebrado sobre tres eixos (recinto feiral, foro e encontro profesional), posibilita intercambiar experiencias e idear novos proxectos de colaboración entre as industrias creativas galegas e con disciplinas doutros territorios.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →