Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

A ampliación do Complexo Hospitalario, “A obra máis importante e á vangarda no ámbito sanitario”

Por   /  25/04/2016 

    Imprimir       Email
  • Manuel Baltar afirma que a ampliación do Complexo Hospitalario “é a obra máis importante da sanidade pública en Ourense, á vangarda no ámbito sanitario”
  • A Deputación de Ourense inviste preto dun millón de euros nas obras dos novos accesos ao CHUO, “infraestrutura que forma parte da ampliación do Complexo Hospitalario e que situará á capìtal e á provincia de Ourense como un exemplo das últimas novidades que poden, cientificamente, axudar a que a saúde dos ourensáns estea en boas mans”, explicou o presidente
  • Baltar visitou hoxe as obras xunto aos conselleiros de Sanidade e Infraestruturas, o alcalde de Ourense e o presidente do Parlamento
Manuel Baltar, na súa intervención no acto de visita ás obras do CHUO

Manuel Baltar, na súa intervención no acto de visita ás obras do CHUO

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo hoxe na visita ás obras de urbanización dos novos accesos ao Complexo Hospitario Universitario de Ourense (CHUO) que hoxe “certificamos unha vez máis a cooperación entre administracións, cun obxectivo común, o máis importante en calquera actuación pública, como é a saúde, e neste sentido as administracións públicas deben poñer todo da súa parte para que as políticas sanitarias sexan as mellores posibles”.

O presidente do goberno provincial explicou que a Deputación de Ourense ao longo da súa historia “xa deu mostras deste compromiso coa sanidade da nosa provincia, e proba diso é que o Hospital Provincial dependía da Deputación”. Tamén lembrou que a capacidade e o patrimonio da institución provincial “foron decisivos para que hoxe esteamos a falar da construción dun complexo hospitalario de referencia en Europa, xa que os terreos nos que se asenta eran propiedade da Deputación”. A isto suma Manuel Baltar a construción e urbanización dos accesos ao Complexo Hospitalario, obra para a cal a Deputación achega preto dun millón de euros (949.614 €), investimento que foi aprobado no pleno da corporación provincial, “para integrarse na obra máis importante da sanidade pública da provincia de Ourense, pois este centro hospitalario contará con elementos técnicos de vangarda, situando á cidade e á provincia de Ourense como un exemplo das últimas novidades que poden, cientificamente, axudar a que a saúde dos ourensáns estea en boas mans”, destacou o presidente provincial.

Baltar saúda que a Xunta, o Concello e a Deputación de Ourense “dean mostra e exemplo, unha vez máis, de compromiso cos cidadáns da provincia”, e avanza que cada vez falta menos “para que contemos co “Hospital 20-50″, un compromiso da Xunta de Galicia e que vai ser unha realidade a disposición dos ourensáns”.

Na visita ás obras participaron tamén os conselleiros de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, e de Infraestruturas, Ethel Vázquez, así como o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices.

Os novos accesos, que supoñen un investimento superior aos 1,5 millóns de euros, conectan as rúas Nosa Señora da Saínza e Cruceiro Quebrado e permitirá acceder á zona ampliada do CHUO. A superficie total da actuación será 4.050 m², e as obras teñen un prazo de execución de cinco meses.

O conselleiro de Sanidade dixo que este “é un magnífico exemplo do que se pode facer e conseguir cando diferentes administracións colaboran para levar adiante iniciativas que teñen como obxectivo mellorar os servizos que debemos prestar á cidadanía”.

O orzamento da obra de ampliación do hospital é de 41 millóns de euros. O edificio terá sete plantas e contará cun total de 14 unidades: 9 son polivalentes médico-cirúrxicas, 1 de psiquiatría, 1 de paliativos, 1 de oncoloxía e dúas unidades innovadoras, integradas no proxecto H2050. Ocupará unha superficie total construída de 52.000 m2, dos que máis de 24.000 m2 corresponden á área de hospitalización. Isto implica que o Ratio de incremento de superficie do hospital será de máis dun 61 % respecto do actual

Unha vez rematado este novo edificio, o Complexo terá unha capacidade máxima de arredor de 930 camas (116 máis que as actuais) repartidas a razón de 640 en unidades polivalentes, 94 en unidades específicas, 64 en unidades de críticos, e as restantes noutras unidades. Así mesmo, o 60 por cento das habitacións das novas unidades serán individuais.

Páginas: 1 2

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →