Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

A concesión da Medalla de Ouro da provincia de Ourense a Los Suaves, a información pública

Por   /  28/03/2016 

    Imprimir       Email
  • O expediente para a concesión da Medalla de Ouro da provincia de Ourense a Los Suaves, sae a información pública durante un mes

1

 

O expediente para o outorgamento aos integrantes do grupo musical Los Suaves, da Medalla de Ouro da provincia de Ourense, sae a información pública durante o prazo dun mes, para que poidan comparecer cantas persoas, asociacións, etcétera, que o desexen, para formalizar o seu testemuño mediante a presentación polas canles habituais, da oportuna adhesión, segundo se publicou hoxe no Boletín Oficial da Provincia.

Na última visita do grupo musical ourensán no Pazo Provincial, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xa lle anunciara esta distinción por ser “os mellores embaixadores de Ourense no ámbito musical”. Manuel Baltar destacou que se trata “dun recoñecemento á súa traxectoria, á súa personalidade musical e a súa permanente identificación con Ourense, presumindo de ourensáns aló por onde van”.

Tal e como aparece no BOP, designarase ao deputado provincial, Manuel Doval, como instrutor do expediente, conforme co que dispón o capítulo III do Regulamento de honores e distincións da Deputación. O deputado instrutor será asistido polo asesor de política cultural, Aurelio Gómez Villar, que actuará como secretario do expediente.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →