Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

A Copa do Rei no ‘Marcos Valcárcel’

Por   /  08/02/2016 

    Imprimir       Email

0 0 RF Copa Do Rei Baloncesto 2016

 

A Copa do Rei de Baloncesto 2016 visita Ourense polo que hoxe estará exposta no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense. A visita oficial tivo lugar esta mañá onde estivo presente o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o director do Centro Cultural, Francisco González; xunto con outras autoridades da provincia, así como os patrocinadores de Caixabank e membros do COB.

Rosendo Fernández destacou durante a visita que “é unha honra para a Deputación de Ourense ter aquí esta Copa para o goce de todos os ourensáns para que veñan a velo”, e engadiu, “o baloncesto é e será sempre grande en Ourense, grazas aos xogadores, á directiva e, sobre todo, á afección”.

A Copa do Rei de Baloncesto está a visitar distintos lugares polo que o presidente do COB, Antonio Gavilanes, asegurou que con esta iniciativa “dáse a coñecer un trofeo importante con calado nacional e internacional”. Dende Caixabank, afirmaron que apoiaron a idea de “traer a Copa a Ourense, unha cidade de baloncesto”.

Todos aqueles afeccionados que queiran visitar o trofeo e fotografarse con el, poderán facelo ao longo do día de hoxe en horario ao público de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas. Este ano, a Copa do Rei de Baloncesto disputarase na cidade da Coruña, entre os días 18 e 21 de febreiro.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →