Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

A Deputación de Ourense organizará xunto co Círculo Poético Ourensán o “6º Encontro Internacional de Poesía”

Por   /  23/07/2015 

    Imprimir       Email

1 1 1 1 1 1 1 MB e Morgade

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial a José Ramón Morgade, presidente do Círculo Poético Ourensán, única entidade destas características en Galicia onde a poesía ten un peso propio e referente en España pola actividade sólida e dinamizadora que desenvolve. Manuel Baltar destacou tralo encontro que o labor que leva a cabo o Círculo Poético Ourensán “entronca directamente coa tradición literaria e poética da provincia de Ourense”, polo cal o presidente do goberno provincial comprometeuse a que a Deputación de Ourense “co-organizará en outubro, xunto co Círculo Poético Ourensán, o 6º Encontro Internacional de Poesía, un evento único en Galicia que é referente no se ámbito”.

Ademais deste proxecto, Baltar e Morgade analizaron a posibilidade de poñer en marcha nos vindeiros meses un programa de ámbito provincial para achegar a poesía aos máis novos a través dos centros educativos.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →