Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

A Deputación de Ourense ten preto de 27 millóns de remanente

Por   /  31/03/2016 

    Imprimir       Email
  • A Deputación de Ourense presenta os mellores datos económicos da súa historia: 26,7 millóns de remanente de Tesourería e o menor endebedamento, 34 %
  • Manuel Baltar deu a coñecer hoxe o balance de datos económicos de 2015, que reflicten un novo descenso no período de pago medio a provedores, situado na actualidade en 12 días
  • O presidente do goberno provincial anunciou que os Orzamentos da Deputación para 2017 “estarán pechados no vindeiro mes de xuño e poderán aprobarse en setembro”
  • Baltar reafirmou que en maio de 2019 a institución chegará ao final do mandato “con endebedamento cero, froito da boa xestión e do traballo dos funcionarios da Deputación, que souberon interpretar perfectamente as directrices políticas dos plans “Ourense 92” e “Ourense 15-19”
Manuel Baltar

Manuel Baltar

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou onte en rolda de prensa o balance económico da institución provincial referidos ao ano 2015, datos que reflicten os mellores resultados económicos do ente provincial en toda a súa historia: 26,7 millóns de euros (26.726.742 €) de remanente de Tesourería e a menor porcentaxe de endebedamento, situada no 34,99 %.

Manuel Baltar destacou asemade o novo descenso que se produce no período de pago medio a provedores, 12,31 días, e anunciou que os Orzamentos da Deputación de Ourense para o exercicio 2017 “estarán pechados no vindeiro mes de xuño e poderán aprobarse en setembro, como xa fixemos co actual presuposto de 2016.”

O presidente do goberno provincial reafirmou que en maio de 2019 a institución chegará ao remate do actual mandato “con endebedamento cero, froito da boa xestión e do traballo dos funcionarios da Deputación, que souberon interpretar perfectamente as directrices políticas dos plans Ourense 92 e Ourense 15-19”. “Temos o remanente de Tesourería máis alto da historia, o menor endebedamento, incrementamos orzamento e reducimos cada vez máis o período de pago a provedores, e iso son números, obxectivos e sen marxe a outra interpretación, porque as cifran dan e quitan razóns”, afirmou Manuel Baltar.

Baltar lembrou que desde 2011 ata hoxe, cada día de xestión da Deputación de Ourense, “a débeda da institución redúcese nun 0,1 %, unha tendencia continuada e lineal que nos levará en maio de 2019 ao endebedamento cero, resultado polo que teño que felicitar á Área de Facenda da Deputación e a todos os funcionarios do ente provincial, porque isto nos permite seguir investindo nos concellos e nos cidadáns da provincia de Ourense, atendendo ás necesidades básicas e desenvolvendo proxectos como as melloras das infraestruturas en centros de ensino público da provincia, as obras dos accesos ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, os investimentos na Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda, e levar a cabo iniciativas de coworking en favor dos emprendedores da provincia, exemplos do traballo de cooperación que realizamos co Goberno do Estado e coa administración autonómica”.

Manuel Baltar define como “satisfacción do goberno provincial” estes datos económicos acadados “que nos permiten poñer a disposición de concellos e cidadáns a Carta de Servizos máis completa dunha administración pública en España, para seguir avanzando na excelencia na prestación dos servizos, residan onde residan os habitantes da nosa provincia”. Atraer iniciativas de investimento e recuperar as obrigas pendentes de pago que outras administracións tiñan contraídas coa Deputación de Ourense son outros dos aspectos que contribúen a estes “históricos e positivos datos económicos que hoxe presenta a Deputación de Ourense”.

Manuel Baltar detallou os datos económicos da Deputación explicando que na actualidade os fondos líquidos en contas (o diñeiro total do que dispón a institución provincial) ascenden a 32.294.321 €, e que o remanente de Tesourería pasou dos 8,2 millóns de euros en 2010, a 14,9 M € en 2011, 12,4 M € en 2012, 16,4 M € en 2013, 25, 05 M € en 2014, para situarse na actualidade en máis de 26,7 millóns de euros.

En canto a evolución do endebedamento, a Deputación de Ourense pasou dunha cifra do 116 % en 2011, ao 96 % en 2012, 60 % en 2013, 43 % en 2014 e 34,99 % en 2015, coa previsión de chegar ao final de 2016 cunha porcentaxe do 23,60 %.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →