Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

A Estratexia Conecta Ourense (ECOU) quere contar co espazo metropolitano

Por   /  06/01/2016 

    Imprimir       Email
  • A Deputación de Ourense invita aos concellos do espazo metropolitano a participar en ECOU
  • Coa Estratexia Conecta Ourense levaranse a cabo actuacións tanto na capital como nos municipios limítrofes
Reunión de Jorge Pumar cos alcaldes dos concellos do espazo metropolitano

Reunión de Jorge Pumar cos alcaldes dos concellos do espazo metropolitano

A Deputación de Ourense invitou aos Concellos do espazo metropolitano de Ourense a participar no acordo pechado entre o ente provincial e o Concello de Ourense, para poñer en marcha un plan de desenvolvemento urbano sostible, Estratexia Conecta Ourense (ECOU). Así o confirmou o vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Jorge Pumar, que se reuniu esta mañá no Pazo Provincial cos alcaldes dos concellos do espazo metropolitano.

Tras o encontro, Jorge Pumar destacou que “este proxecto, é unha mostra máis do compromiso de cooperación da Deputación de Ourense na captación de investimentos e proxectos en beneficio dos pequenos concellos, os cales por si mesmos non poderían chegar a eles”.

A estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado de Ourense parte dunha estratexia de ámbito provincial e fixa a súa zona de intervención nos municipios de Ourense e nos da súa área metropolitana, que conforman o que nesta estratexia denominarase Espazo Metropolitano de Ourense: Amoeiro, Barbadás, Coles, O Pereiro de Aguiar, Punxín, San Cibrao das Viñas e Toén. A influencia da cidade de Ourense vai máis aló destes municipios, pero a efectos da Estratexia DUSI considérase oportuno delimitar o ámbito de actuación a estas localidades.

Os municipios que circundan a capital forman unha unidade territorial na que se comparten problemas, desafíos e obxectivos, polo que é preciso desenvolver liñas de actuacións coherentes e centradas no impulso medioambiental, económico e social desta área.

A delimitación da área urbana funcional a efectos da Estratexia definida estableceuse en función dos problemas urbanos que comparten a cidade de Ourense e os concellos que a rodean. Os oito municipios teñen ante sí retos urbanos compartidos cuxa solución pasa por unha actuación conxunta, coordinada e integrada.

As actuacións desenvolveranse en varios puntos destes termos municipais. Trátase de actuar naqueles puntos concretos con potencial para solucionar os problemas identificados, así como naquelas zonas que actúen como vínculos e conexións, tanto entre as diferentes partes da zona de intervención como entre esta e o resto da provincia.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →