Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

A ‘Habitación Intelixente’ do CHOU recibe un novo premio

Por   /  26/02/2016 

    Imprimir       Email
  • O proxecto de Hospitalización Experimental H2050: SISENS, que se esta desenvolvendo no CHUO, permite recoller de xeito totalmente informatizado e inalámbrico tódolos parámetros de control do paciente, desde súas constantes biolóxicas básicas e avanzadas ata as ambientais
  • Resultou premiado onte nos “II Premios á Sanidade de Galicia” organizados por Sanitaria 2000, editora do diario especializado Redaccion Médica, na categoría de Xerencia de Xestión Integrada

indra_sisens_001

 

A responsable da Xerencia de Xestión Integrada do Sergas en Ourense, Eloína Núñez, recibíu esta tarde en Santiago, o Premio á Xerencia de Xestión Integrada polo proxecto do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense “Habitación Intelixente: SISENS”, experiencia pioneira a nivel europeo, enmarcada no H2050, que permite, mediante o uso de nova tecnoloxías, recoller e rexistrar, de xeito totalmente inalámbrico e automático, tódolos parámetros biolóxicos e ambientais para o control do estado e evolución dun paciente.

SISENS é un dos núcleos centrais do proxecto “Hospitalización Innovadora”, un dos moitos que estes días desenvólvense no CHUO no marco do Proxecto, cofinanciado ao 80% polos fondos FEDER da Unión Europea, Hospital 2050. As primeiras experiencias no testado desta innovadora tecnoloxía en Ourense están resultando moi satisfactorias, e súa aplicación estenderase á totalidade de habitacións das unidades de Hospitalización Experimental, á apertura este ano do novo Edificio de Hospitalización, no que constituirá unha experiencia sen referentes ata a data.

Un receptor de monitorización integral único

Para o desenvolvemento do proxecto SISENS, financiouse a creación dunha nova tecnoloxía que consiste nun “Concentrador Intelixente”. Este equipamento, de reducido tamaño para facilitar súa mobilidade, permite captar e volcar a información do estado clínico, e evolución do paciente, ao sistema de cuidados de enfermería e á historia clínica. Esta captación-transmisión pode realizarse desde distintos ámbitos, coma unidades de hospitalización, quirófanos, urxencias, ambulancias e o propio domicilio do paciente, como na Hospitalización a Domicilio.

Desde o ritmo cardíaco ata a presión do colchón

O receptor intelixente capta as sinais, vía bluetooth, wifi, radio frecuencia e radiodifusión dixital, dun conxunto de equipamento inalámbrico, que mide as constantes vitais do paciente ingresado, desde as básicas, como a tensión arterial, o pulso, a glucemia e a temperatura, como as mais complexas: electrocardiograma, nivel de analxesia ou sedación (Índices ANI) así como dos equipos de Monitorización (cardíaca, respiratoria e saturación de osíxeno).

Todo elo, compleméntase coa pulsadores de chamada inalámbricos e sensores de caída do paciente, asi como de captación das variacións de presión do colchón, permitindo detectar si o paciente esta axitado ou demasiado inmóbil, esto último de gran utilidade, para o inicio precoz de cambios posturais, para evitar se desenvolva unha úlcera por presión.

Xunto a este completo rango de medicións do estado clínico do paciente, os profesionais sanitarios contan coa valiosa información que recibe outro dos equipos TIC instalados: Un sensor ambiental central, instalado na habitación do paciente, que mide as condicións ambientais: temperatura, ruído, humidade, luminosidade e presión, asi coma de xestión de alertas, integrando a información aportada polos distintos sensores.

O ambicioso proxecto SISENS contempla así a plena automatización, en tempo real, das sinais biolóxicas e ambientais, para o control periódico do paciente, dun xeito integral, ata agora descoñecido no sector sanitario, e plenamente integrado cos sistemas de rexistro dos coidados e evolución do paciente do Sergas: o Programa “Gacela” de coidados de Enfermería e a Historia Clínica (IANUS), sen precisar por tanto o traslado manual desta información, evitando erros de transcrición ou recollida, e facilitando o traballo asistencial. Asemade, a recepción-transmisión respecta os estándares da industria, o que facilita a integración e compatibilidade cos distintos equipos ou aplicacións informáticas.

Ourense: Entorno demostrador europeo

O proxecto SISENS esta a ser desenvolvido integramente desde Ourense, coa colaboración dos profesionais sanitarios e dos servizos de Sistemas e Tecnoloxías da Información, do CHUO e Servizos Centrais, con tecnoloxía 100% galega, desenvolvida ad hoc pola empresa adxudicataria deste proxecto H2050, e adquirida pola vía de Compra Pública Innovadora (CPI) á UTE Televés-Indra, o que permite a participación do Sergas nos futuros beneficios da súa patente.

Entre a súas múltiples vantaxes de cara aos usuarios e profesionais, a tecnoloxía desenvolvida mediante o proxecto SISENS permitirá mellorar o seguimento do paciente, facilitando a labor de vixilancia do persoal sanitario, mellorando a seguridade na trazabilidade da información, identificación do paciente e a comunicación, ademais da detección precoz das posibles variables adversas e mellora do confort do paciente, cunha menor necesidade de interromper seu descanso para a realización de controis periódicos.

Neste intre, o novo equipamento e sistema de traballo esta sendo implantado en distintas áreas do complexo universitario ourensán, unidades de hospitalización e boxes de críticos e observación de urxencias e, en días vindeiros, na área cirúrxica, avanzando nas posibilidades de integración dos distintos equipos de quirófano. Para seu pilotaxe e desenvolvemento, esta a ser clave a participación do persoal de enfermería, previamente formado, así como a colaboración do grupo de pacientes que estes días estrean a nova tecnoloxía.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →