Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

A instalación da tecnolóxica Plexus ‘referenda o labor de “provincia intelixente” que estamos impulsando’

Por   /  29/09/2016 

    Imprimir       Email
  • A tecnolóxica Plexus instalarase en Ourense para desenvolver produtos de software
  • Manuel Baltar consegue que esta compañía se sitúe en Ourense e afirma que a súa chegada “referenda o labor de “provincia intelixente” que estamos impulsando para seguir avanzando na xestión tecnolóxica”
  • “As conversas que tivemos nos últimos meses deron seus froitos, e Plexus pasará a formar parte da nómina de empresas de tecnoloxía punta, xunto a Vodafone e IBM, que crearán emprego en Ourense e onde van desenvolver produtos de vangarda”, afirma o presidente do goberno provincial
  • O proxecto do Plexus prevé en Ourense a creación inicial de 15 postos de traballo, cos graduados da Escola de Informática do Campus de Ourense
  • O presidente da Deputación recibiu no Pazo Provincial ao conselleiro delegado de Plexus para analizar os aspectos loxísticos e de organización, e coñecer as liñas de investigación que a tecnolóxica desenvolverá en Ourense

 

plexus-2

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no seu despacho no Pazo Provincial ao conselleiro delegado da empresa tecnolóxica Plexus, que se instalará en Ourense para investigar e desenvolver produtos de sotfware. Na reunión, Baltar e Antonio Agrasar analizaron aspectos loxísticos e de organización relacionados coa posta en marcha da empresa e falaron las liñas de investigación que a empresa prevé levar a cabo en Ourense, enfocadas principalmente nas áreas de tecnoloxías de saúde e do turismo.

Manuel Baltar agradeceu Agrasar a súa aposta por Ourense, “que se traducirá en creación de emprego, competitividade e innovación tecnolóxica” e salientou a importancia que o proxecto de Plexus ten no marco da iniciativa “Provincia Intelixente” que está impulsando o goberno provincial, “para seguir avanzando na xestión tecnoloxía, situando á provincia na vangarda da tecnoloxía da información e das comunicacións”.

Plexus é unha das pemes con máis proxección na Unión Europea, segundo a Bolsa de Londres. Para desenvolver este proxecto en Ourense, a empresa prevé a creación inicial de 15 postos de traballo, cos graduados da Escola de Informática do Campus de Ourense.

O presidente da Deputación, quen conseguiu coas súas xestións que esta compañía compañía teña sede en Ourense, afirma que a súa chegada “referenda o labor de “provincia intelixente” que estamos impulsando para seguir avanzando na xestión tecnolóxica, situando en moitos aspectos á nosa provincia á vangarda das TICs, como demostra a implantación de Plexus, empresa recoñecida internacionalmente polos seus avances en materia de xestión tecnolóxica”.

Baltar afirma que a liña de colaboración entre o goberno provincial e empresas de alta tecnoloxía “nos permite establecer estratexias no ámbito da innovación para o desenvolvemento tecnolóxico da provincia de Ourense”, un “camiño tecnolóxico”, que comezou en xullo pasado co acordo de colaboración “Provincia Intelixente”, asinado entre a Deputación de Ourense e as multinacionais Vodafone e IBM, que impulsará a creación dun centro de tecnoloxía”.

“As intensas conversas que tivemos nos últimos meses deron seus froitos e agora se concretan coa chegada de Plexus, que pasará a formar parte da lista de empresas líderes en tecnoloxía, xunto con Vodafone e IBM, que crearán emprego en Ourense e onde desenvolverán produtos de vangarda, acorde coa iniciativa “Provincia Intelixente”, o que demostra o cumprimento do Plan de mandato “Ourense 15-19”, que sitúa como unha das súas liñas estratéxicas o denominado “Ourense tecnolóxico”, explica Manuel Baltar.

Inicialmente, Plexus prevé a creación de 15 postos de traballo en Ourense, e o seu labor será desenvolver produtos de software para diferentes sectores de actividade, sinaladamente para os ámbitos sanitario e turístico. A empresa está presente en case todos os sectores, e entre os seus socios e clientes inclúen multinacionais de tecnoloxía, telecomunicacións, sector bancario, transporte, seguridade, distribución, consumo, lecer, e medios de comunicación.

plexus-1

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →