Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

A “marca Ourense tamén se demostra coa consolidación do Campus de Ourense”, Salustiano Mato

Por   /  11/10/2016 

    Imprimir       Email
  • Deputación de Ourense e Universidade de Vigo impulsan actividades culturais e as bolsas “Ourense Exterior”
  • Manuel Baltar e o reitor asinaron hoxe dous convenios de colaboración “que constitúen unha alianza estratéxica entre ámbalas dúas institucións, colaboración que sempre vai a máis, froito da xestión económica da Deputación e dos bos resultados desta cooperación entre o Campus e o goberno provincial”, explicou o presidente da Deputación.
  • Salustiano Mato destacou que a “marca Ourense tamén se demostra coa consolidación do Campus de Ourense”, do que dixo que é “o que ten máis consolidación e o que mellor está en calquera indicador”

 

Manuel Baltar e Salustiano Mato

Manuel Baltar e Salustiano Mato

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, asinaron esta mañá no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” dous convenios de cooperación entre ambas entidades para o desenvolvemento de actividades de difusión cultural no Campus de Ourense, e para o desenvolvemento do programa de bolsas de mobilidade “Ourense Exterior”. “Trátase dunha alianza estratéxica e permanente, entre ambas institucións, que se concreta nestes convenios de colaboración que sempre van a máis, froito da xestión económica da Deputación e dos bos resultados desa alianza entre o Campus e o goberno provincial, que van unidos”, dixo o presidente da Deputación de Ourense.

O convenio para as bolsas “Ourense Exterior” vai dirixido a descendentes de emigrantes ourensáns que cursen estudos de mestrado no campus de Ourense, e o convenio de ámbito cultural, cun orzamento de 185.000 euros -un 11% máis que o ano anterior-, ten como obxectivo colaborar na difusión cultural e desenvolver accións como foros, seminarios e actividades da Cátedra “Carlos Casares”, entre outras. Manuel Baltar adiantou que para o ano 2017 -tendo en conta que os orzamentos do goberno provincial para o vindeiro ano xa foron aprobados no pasado mes de setembro-, “tamén se rexistra un incremento, polo que a achega para este convenio ascenderá a 220.000 euros”.

O presidente da Deputación lembrou que en Ourense “contamos co grao en Enxeñería Aeroespacial, que posiciona a “marca Ourense” no ámbito do ensino superior”, aspecto no que tamén coincidiu Salustiano Mato afirmando: “A marca Ourense tamén se demostra coa consolidación do Campus de Ourense”, campus do que dixo que é “o que ten máis consolidación e o que mellor está en calquera indicador”.

Mato salientou o éxito da oferta formativa de Enxeñería Aeroespacial, “que conta xa con máis de 400 solicitudes presentadas para as 50 prazas dispoñibles, o que demostran o acerto desta iniciativa”.

O reitor agradeceu o apoio da Deputación de Ourense subliñando que este traballo conxunto “indica que se lle quere á universidade en Ourense, e isto maniféstase a través das súas institucións, o que nos anima a loitar cada día máis polo Campus de Ourense e facer posible que este axude no desenvolvemento económico e o benestar da provincia”.

No convenio de actividades de difusión cultural contémplase a colaboración conxunta do goberno provincial e da Universidade de Vigo no Campus de Ourense para a promoción e o fomento de actuacións en materia de cultura, deporte e educación, que redunden no beneficio da sociedade e do interese xeral da provincia. Para iso, a Deputación achegará a cantidade de 185.000 euros á Universidade de Vigo para actividades a desenvolver na provincia de Ourense, como o programa de proxección universitaria e actividades culturais como “Alterarte”, aulas e obradoiros, MITEU e cursos de verán, que fomenten a igualdade e inclusión de todas as persoas; o programa de apoio á mobilidade estudantil para o alumnado do campus; ou o programa específico de apoio a grupos de investigación do campus de Ourense (INOU 2016).

Pola súa parte, será a Vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo a encargada de organizar e desenvolver as actividades, nas instalacións do campus o en calquera outro espazo da provincia de Ourense.

Asemade dentro deste convenio incluíuse como obxecto de colaboración entre ambas entidades o desenvolvemento do curso “Didáctica da Ficción e Creación Literaria”, enmarcado no Programa de Títulos propios da Universidade de Vigo, para o que o goberno provincial achegará 6.000 euros, incluídos nos 185.000 euros de achega total por parte da Deputación de Ourense a este convenio de colaboración. Entre os obxectivos deste curso atópase comprender a singularidade e as características da linguaxe literaria, identificar os elementos estruturais da narrativa, apreciar a dialéctica entre tradición e renovación no discurso narrativo, valorar o xénero do conto literario, adquirir ou recuperar o pracer da escritura como expresión creativa, contrastar o propio punto de vista co dos outros diante da mensaxe literaria, e desenvolver os recursos encamiñados a expresarse con precisión e mellorar a escrita.

Asemade, o outro convenio de colaboración asinado esta mañá nace coa finalidade de outorgar bolsas de axuda co fin de facilitar a mobilidade de estudantes descendentes de emigrantes ourensáns, galegos ou españois e para cidadáns estranxeiros para cursar os estudos de Mestrado na Universidade de Vigo, no campus de Ourense. O número de axudas para o curso 2016/2017 será de cinco. As bolsas cubrirán as taxas de matrícula no centro que corresponda, e unha axuda de 600 euros e 2.500 euros para contribuír aos gastos da viaxe e cos gastos de aloxamento, respectivamente. A Deputación de Ourense participa neste convenio cunha achega de 10.000 euros, o Consello Social da Universidade de Vigo achega 5.500 euros, e pola súa parte a Universidade de Vigo aporta 9.000 euros.

As bolsas van dirixidas ao alumnado residente no estranxeiro, descendentes de emigrantes, que se matricule no curso 2016/2017 no primeiro curso dos estudos conducentes ao título de mestrado impartidos no campus de Ourense, pola seguinte orde de prioridade: ourensáns, galego ou/e españois, ou os seus descendentes ata o segundo grao inclusive, residente no exterior; e cidadáns estranxeiros residentes no exterior. Asemade deben cumprir os seguintes requisitos: ter máis de 18 anos, posuír os requisitos académicos necesarios para acceder á titulación que se pretende cursar, subscribir a cargo da persoa beneficiaria o seguro médico e de accidentes para as coberturas non incluídas no seguro escolar obrigatorio ou, de ser o caso, no seguro que a universidade poida ter concertado para o seu alumnado, formalizar a matrícula e pagar as taxas, e cumprir todos os requisitos específicos establecidos pola Universidade de Vigo para os programas de mestrado.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →