Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

A música galega, protagonista da terceira xornada de ‘Vive o Castelo’, celebrada esta tarde na fortaleza de Monterrei

Por   /  07/08/2015 

    Imprimir       Email

image_galleryA música galega foi a protagonista onte á tarde da terceira xornada do programa promovido por Turismo de Galicia ‘Vive o Castelo’ na fortaleza de Monterrei. As actuacións musicais do cantautor Emilio Rúa e do dúo Uxía e Narf congregaron numerosos visitantes que non dubidaron en achegarse ao castelo para escoitar a estes talentos da música galega.

A fortaleza acolleu dende as 20:30 horas un recital de letras e melodías en galego dunha alta calidade da man de Emilio Rúa e a presentación do primeiro disco conxunto de Uxía e Narf, As baladas da Galiza imaxinaria.

Así mesmo, por terceiro xoves consecutivo ‘Vive o Castelo’ incluíu tamén dúas visitas guiadas teatralizadas nas que a cidadanía puido visitar dun xeito lúdico e divertido tanto o conxunto histórico como os espazos exteriores deste ben de interese cultural e público.

Deste xeito, un xoves máis este programa de actividades lúdico-culturais dinamizou a contorna do castelo e ofreceu a turistas e veciños unha nova maneira de gozar deste ben de interese cultural e público.

Próximas actividades
A programación continúa o próximo xoves, 13 de agosto, cunha xornada máxica na que as persoas que visiten a fortaleza poderán descubrir os seus recantos a través dos contos e da música de ‘Castelo de contos’, que englobará as actuacións de ‘Os quisquilláns’ e ‘Daboapipa’, así como a do músico e actor Paco Nogueiras.

A programación de ‘Vive o castelo’ rematará o xoves 20 de agosto con outra edición de ‘Música no castelo’, que nesta ocasión contará coas actuación de Guadi Galego e ‘Guezos’.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →