Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

A nova temporada do Teatro Principal de Ourense ofrece ata decembro 31 espectáculos escénicos e musicais

Por   /  07/07/2015 

    Imprimir       Email

image_gallery

 

O Teatro Principal de Ourense presentou hoxe a súa nova temporada de actividade, que inclúe ata finais de decembro un total de 31 espectáculos de teatro, danza e concertos de distintos estilos a cargo tanto de formacións galegas como de grandes nomes da dirección e da interpretación española.

O director da Axencia Galega das Industrais Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jacobo Sutil, participou esta mañá na rolda de prensa na que deu conta da nova programación xunto aos responsables do teatro: a directora, Olga Mojón; e Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense; ademais do concelleiro de Cultura ourensán, Francisco González.

O escenario ourensán, membro da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), o circuíto para a distribución de espectáculos galegos promovido pola Xunta de Galicia, programa por esta canle as últimas creacións das compañías galegas Talía Teatro, Redrum, Teatro do Morcego, Eme2, Limiar e Caramuxo, ademais da vasca Borobil Teatroa. Estes traballos compartirán carteleira cunha variada representación de montaxes de artistas de éxito a nivel nacional, como son os casos de ‘Moncho Panza’, a cargo de Moncho Borrajo; ‘Olivia y Eugenio’, protagonizada por Concha Velasco; ‘Ojos de agua’, con Charo López; ‘La sesión final de Freud’, dirixida por Tamzin Townsend; ‘La calma mágica’, polo Centro Dramático Nacional e Tanttaka con dirección de Alfredo Sanzol; ‘El zoo de cristal’, con Silvia Marsó; ‘El discurso del Rey’, dirixida por Magüi Mira, ou a peza coreográfica de Cesc Gelabert ‘Gelajauziak’, entre outras.

O Teatro Principal completará o calendario de títulos producidos en Galicia coas montaxes ‘O último dragón’, un espectáculo infantil de Sarabela Teatro baixo a dirección de Fina Calleja, e ‘Amigos’, na que Xosé A. Touriñán, María Tasende e David Amor interpretan a obra escrita por Xavier Veiga.

Clásica, blues, folk e gospel
A programación musical brindaralle ao público distintos concertos dentro dos ciclos ‘Enclave de cámara’, ‘Voces femeninas’ e ‘Blues TP’, ademais do recital que o próximo 25 de setembro ofrecerá a Filharmónica de Cámara de Colonia, cun programa centrado en Vivaldi, Mozart, Puccini e Paganini, ou a gala dedicada á ópera e á canción napolitana, que terá lugar o 8 de novembro a cargo do Coro e Orquestra Sinfónica da Ópera Nacional de Moldavia.

O grupo galego Luar na Lubre sumarase o 11 de decembro a este calendario co seu espectáculo musical ‘Sons da lubre nas noites de luar’; mentres que o xénero gospel tamén terá o seu oco co recital ‘Singing Christmas for Ray Charles’, a cargo de The Voices of Jubilation Gospel Choir o día 20 do mesmo mes. O tradicional Concerto de Nadal será o 22 de decembro coa Orquestra Filharmónica de Moldavia e Mihail Agafita á batuta.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →