Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

A obra do parque dos Catro Camiños do Carballiño suporá un investimento de 50.000 euros

Por   /  20/10/2015 

    Imprimir       Email
  • A Deputación de Ourense adxudicou a obra do parque dos Catro Camiños do Carballiño
  • Suporá un investimento de 50.000 euros e consistirá na substitución do solo de area por un de caucho e a mellora dos accesos

A Deputación de Ourense adxudicou a obra de mellora no espazo público do barrio dos Catro Camiños, no concello do Carballiño, cumprindo así un compromiso que o ente provincial adquirira no seu día cos veciños e veciñas do Carballiño. O deputado responsable da área de Cooperación do organismo provincial, Pablo Pérez xunto coa deputada provincial, Teresa Cerdeira, visitaron as instalacións do parque infantil carballiñés. Pablo Pérez asegurou que esta axuda “reitera o compromiso da Deputación de Ourense cos concellos da provincia, colaborando para que os nenos e nenas ourensáns teñan espazos públicos de calidade nos que poder xogar”.

Pablo Pérez e Teresa Cerdeira no parque infantil

Pablo Pérez e Teresa Cerdeira no parque infantil

A área pública localizada no barrio dos Catro Camiños, está claramente diferenciada en dúas zonas, unha para os máis cativos e outra para persoas de maior idade, e será na primeira delas onde se efectuará esta intervención. As obras que se realizarán na zona do parque infantil, basearanse na substitución da area da zona de xogos que en moitas épocas do ano resulta inservible, por caucho. Ademais modificarase o pavimento das zonas de paso que serán en pedra e adaptando mellor as zonas de entrada ao recinto, coa colocación de pavimento que evite a entrada de animais.

Pablo Pérez e Teresa Cerdeira no Carballiño

Pablo Pérez e Teresa Cerdeira no Carballiño

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →