Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

A provincia de Ourense, onde menos choveu pero onde fixo máis frío no pasado inverno

Por   /  03/04/2015 

    Imprimir       Email

MeteoGaliciaO rexistro de precipitacións que elabora MeteoGalicia permite afirmar que o pasado inverno o Concello de Guitiriz foi o municipio galego no que se rexistrou o maior volume de chuvia por metro cadrado, ao rexistrarse un total de 70 L/m2. Estes valores altos de precipitación tamén se rexistraron nas comarcas de Terra de Soneira, Xallas e Fisterra. Pola contra os valores máis baixos acadáronse na provincia de Ourense.

Este é un dos datos que se extraen do informe meteorolóxico elaborado por MeteoGalicia do inverno 2014-2015, no que se indica que no mes de decembro predominaron os días secos en toda a Comunidade, que se reflectiu tanto na precipitación acumulada como no número de días de chuvia, que estiveron moi por debaixo dos valores normais para estas variables. Así, só houbo dous días con precipitacións xeneralizadas e ventos do suroeste. Os demais episodios, con escasa precipitación, foron provocados ben polas fontes que chegaban do norte ou pola presenza de aire frío en altura.

Xaneiro foi un mes, que en termos xerais, pode caracterizarse como normal. Aínda así destacan dúas xornadas de precipitacións elevadas, as do 15 e o 30 doo mes. O inverno rematou cun febreiro no que a precipitación estivo entre a normalidade e a escaseza en xeral, sen embargo, a meirande parte das choivas estiveron asociadas a ventos do norte e masas de aire frío, os valores de precipitacións máis altos rexistráronse no norte das provincias de Lugo e A Coruña, para as que o mes chegou a ser húmido.

En relación coa temperatura, o inverno comezou en decembro lixeiramente frío, con rexistros de temperatura media moi próximos aos valores normais. As entradas de aire procedentes do norte, máis húmidas a mediados do me e máis secas cara ao final, fixeron que se deran temperaturas baixas, que compensaron aquelas xornadas do mes con temperaturas, máis elevadas.

A normalidade tamén foi a tónica xeral nos rexistros de temperatura para o mes de xaneiro de 2015, no que os períodos anticiclónicos fóronse compensando cos de borrasca e chuvia. O frío chegou no mes de febreiro, con numerosos días de neve nas montañas e temperaturas nalgúns puntos que non chegaban aos 0ºC. Tendo en conta as temperaturas medias para o inverno 2014-2015 nas zonas da alta montaña ourensá como Cabeza de Manzaneda ou pena Trevinca acadáronse os valores máis baixos de temperatura.

No Informe Climatolóxico do inverno 2014-2015, de acceso público a través da páxina web de MeteoGalicia, pódense ampliar esta información.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →