Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

A web do deporte ourensán

Por   /  28/01/2016 

    Imprimir       Email

A Deputación de Ourense presenta a primeira web dedicada integramente ao deporte provincial

  • Manuel Baltar explicou que se trata “dunha ferramenta participativa, aberta a todas as persoas, que abrangue desde deporte de base ata afeccionado e profesional e que inclúe a información sobre clubs e eventos deportivos
  • O coordinador da web, Eladio Gómez, afirmou que se trata dun portal dixital “referente no ámbito nacional en canto á información deportiva provincial”

0 0 MB e web Dep ene16

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou hoxe no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” a páxina web de Deportes da Deputación de Ourense (deportes.depourense.es), unha canle de información que o presidente do goberno provincial cualificou como “unha ferramenta participativa, aberta a todas as persoas, que abrangue dende deporte de base ata afeccionado e profesional, e que inclúe a información sobre clubs e eventos deportivos da nosa provincia”.

O acto contou ademais coa presenza do Deputado Provincial de Deportes, Juan Anta, e do coordinador da web, Eladio Gómez, quen afirmou que se trata dun portal dixital “referente no ámbito nacional en canto á información deportiva provincial”

Manuel Baltar explicou que todo o deporte ourensán “terá reflexo neste novo espazo dixital”, engadindo que este proxecto forma parte “dunha das liñas estratéxicas do plan de mandato Ourense 15-19 que guía o funcionamento da Deputación”, remarcando que esta web “con este ámbito e con esta visión provincial non existe no panorama nacional”, e que marca “un antes e un despois na información que no ámbito do deporte vai poñer a Deputación de Ourense ao servizo dos cidadáns”.

Baltar entende que hai unha cuestión fundamental “que é transversal a toda a acción do goberno que é a participación cidadá, a información e a posibilidade da posta a disposición de persoas e entidades para que compartan con nós calquera noticia que teña que ver co ámbito deportivo”, destacou o presidente.

Esta plataforma ofrece a posibilidade de que calquera persoa poida coñecer en tempo real toda a actividade deportiva que se desenvolve na provincia. Sendo posible ademais que persoas que realicen eventos deportivos poidan publicar a súa actividade nesta páxina web con visión de provincia.

Esta web deportiva, que se enmarca dentro da filosofía de “provincia intelixente”, “está pensada para a provincia de Ourense pero tamén desde a provincia de Ourense para que noutros territorios vexan como se traballa sobre a base da cooperación e do deporte”, asegurou Manuel Baltar, e engadiu, “trátase dunha ferramenta que lanzamos hoxe e que non ten límites como o propio deporte”.

Eladio Gómez subliñou que o obxectivo desta plataforma “é trasladar toda a información que xera a Deputación de Ourense relativa ao deporte e tamén ofrecer un servizo a todas as federacións deportivas, clubs, organizadores de eventos, e centralizar nun único punto toda a información deportiva da provincia”. Ademais a Deputación de Ourense está presente en “case toda a totalidade de eventos deportivos que se celebran na provincia de maneira directa con axudas ou indirecta facilitando algún tipo de material ou as súas instalacións”.

A web “deportes.depourense.es” é “visual, viva, e directa, como o deporte, na que a imaxe ten un papel moi importante”, asegurou Eladio Gómez. A plataforma está organizada en catro seccións: unha relacionada coa información deportiva do ente provincial, outra na que figura a axenda de actividades e eventos deportivos na provincia de Ourense, actualizada e completa, onde está presente a información relativa á Copa Deputación, “sen a cal habería deportes que non terían actividade” afirmou Eladio Gómez

O terceiro bloque é de servizo relacionado co deporte, no que se atopa o directorio, as Escolas Deportivas da Deputación, Deporte e Saúde, Formación, Turismo Deportivo e Caza e Pesca, entre outros. Por último, tamén teñen presenza na web os equipos da provincia que están competindo a nivel nacional así como os deportistas máis destacados.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →