Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

A Xefatura Territorial de Sanidade promove a saúde bucodental en varias residencias de maiores na provincia de Ourense

Por   /  09/04/2015 

    Imprimir       Email
  • O delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez, asistiu a unha charla que se impartiu na Residencia Nosa Señora dos Milagres e destacou a importancia da campaña que promove hábitos de hixiene que repercuten nunha maior calidade de vida dos maiores
  • A actividade, organizada en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, desenvolverase ata finais de ano

bucodental R. Cabeza Vaca

 

A Residencia Nosa Señora dos Milagres, emprazada na parroquia de Cabeza de Vaca do concello ourensán de Barbadás, acolleu hoxe a actividade “A saúde bucodental non é cuestión de idade” que o último trimestre do pasado ano se desenvolvera nos once centros sociocomunitarios ourensáns e que agora se amplía ás residencias de maiores da provincia, co fin de fomentar hábitos de hixiene bucodental entre as persoas maiores.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado pola xefa territorial da Consellería de Sanidade, María Villar ,e polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, acudiu a este centro residencial de maiores de titularidade e xestión propia de Traballo e Benestar e animou aos seus usuarios a levar hábitos de vida axeitados, especialmente no referente á saúde bucodental, que repercutan nunha maior calidade de vida.

A actividade consiste na realización dunhas charlas formativas, coas que os maiores aumentarán os seus coñecementos e habilidades relacionadas coa saúde bucodental na vida diaria e coa adquisición de hábitos de hixiene. Ademais, tamén se pretende formar aos traballadores das residencias encargados de atendelos.

Bucodental Resi Cabeza Vaca

 

Os últimos datos sobre saúde oral en España sinalan que o índice de caries dental nos maiores de 65 anos duplica á da poboación adulta e que máis do 90% presenta enfermidade periodontal. Unha saúde bucodental deficiente inflúe na aparición de determinadas enfermidades sistémicas, no benestar xeral das persoas, na súa capacidade de comer e de falar, e mesmo pode afectar a saúde mental e as relacións sociais. Os maiores de 65 anos manifestan ter peores hábitos no referente a hixiene bucal diaria e mesmo un 5,3% recoñece que non realiza ningún cepillado de dentes ao día.

Ante estes datos e dado o envellecemento progresivo da poboación, a xefatura territorial de Sanidade, en colaboración coa xefatura territorial de Traballo e Benestar, decidiu organizar este programa co obxectivo de mellorar a saúde bucodental dos maiores da provincia ourensá. Así, durante o último trimestre desenvolveu charlas informativas nos once centros sociocomunitarios da provincia. Agora, decidiu ampliar esta iniciativa ás residencias de maiores. Prevese que ata finais de ano a campaña percorra máis de 15 centros, de titularidade pública e privada.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →