Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

A Xunta apoia un novo programa da Asociación APES que promove voluntariado social entre o alumnado de tres centros educativos na cidade de Ourense

Por   /  23/04/2015 

    Imprimir       Email

Bicis APES

 

A Asociación para a Prevención da Exclusión Social (APES) vén de pór en marcha o proxecto Cadeas Solidarias en colaboración co Espazo Xove Ourense, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, co obxectivo de promover o voluntariado social entre o alumnado de tres centros educativos da cidade: Concepción Arenal, Divina Pastora e Luis Vives. Prevención, reinserción e educación únense nun proxecto solidario e innovador.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, asistiu hoxe ao encontro interescolar no que responsables de APES presentaron este proxecto a preto de 50 alumnos e alumnas de ESO. A iniciativa trata de conxugar a colaboración voluntaria de internos do Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar coa dos alumnos e alumnas que formarán parte desta cadea solidaria buscando alternativas para darlle un destino social a 20 bicicletas doadas á asociación promotora do proxecto.

Rogelio Martínez, nunha breve intervención animou aos rapaces a colaborar nesta iniciativa e subliñou a importancia que teñen os voluntarios na sociedade e a necesidade de visibilizar a diversidade de proxectos desenvolvidos en Galicia por milleiros de mozos e mozas voluntarias e os valores de cooperación, confianza e xenerosidade comúns a todos eles. Así, o máximo representante do Goberno galego agradeceulle ao equipo da Asociación para a Prevención da Exclusión Social o seu labor desenvolvido neste campo do voluntariado. Martínez destacou do último proxecto de APES o seu intento de implicar á comunidade escolar grazas a un modelo de educación non formal que está sustentado polo principio “aprender facendo un servizo á comunidade”.

Bicis APES1

 

“Cadeas Solidarias”
O voluntariado dos presos consistirá en arranxar e poñer a punto as bicicletas. Segundo o delegado territorial esta acción voluntaria “permite ás persoas sentirse útiles e axuda a xerar valores moi positivos que favorecen ao conxunto da nosa sociedade. Uns valores que se multiplican cando falamos de persoas privadas de liberdade”.

Por outro lado, os alumnos serán protagonistas de todo un proceso: recadación de fondos ou materiais necesarios, loxística para a entrega das bicicletas, espazos para reunións de traballo que posibilite a entrega das bicicletas a entidades de acción social, enmarcando esta actividade dentro doutra campaña, tamén xestionada por APES, que baixo o título Cumprindo ilusións busca o sorriso dos nenos máis necesitados.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →