Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

A Xunta converterá as fachadas máis emblemáticas de catro localidades galegas no taboleiro xigante do concurso Big Ciencia, entre elas Verín

Por   /  13/04/2015 

    Imprimir       Email

xunta-de-galicia-300x135A Consellería de Economía e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación, volve achegar a innovación á cidadanía dun xeito ameno e divertido a través do concurso científico Big Ciencia, que este venres 17 retoma a súa segunda edición na localidade ourensá de Verín, tras o que fará parada na pontevedresa de Lalín, en Ferrol e en Chantada (Lugo).

Tras celebrarse en 2013 en cinco cidades galegas, esta iniciativa retoma agora en primavera unha segunda xira que comezou en decembro pasado cunha edición especial de Nadal en Santiago, onde contou coa Torre Berenguela da Catedral como escenario de luxo.

Coñecida por converter as fachadas de emblemáticos edificios en xigantescos taboleiros ao combinar o concepto clásico de xogo de coñecementos coa proxección arquitectónica de gran formato, como novidade Big Ciencia aterrará este mes en novas localidades co obxectivo de chegar a diferentes públicos, aproveitando ademais que as temperaturas primaverais invitarán a xogar en plena rúa.

A primeira parada será este venres en Verín, onde o xogo comezará a partir das 21:30 horas coa fachada do Concello como pantalla. Nel poderán participar todos os veciños, familias e amigos que se animen a medir os seus coñecementos fronte a un rival, sen necesidade de inscribirse previamente.

O sábado, Big Ciencia chegará á mesma hora a Lalín, onde os cidadáns teñen unha cita coa ciencia e a innovación ás 21:30 horas na Igrexa da vila, sobre a que se proxectarán a grande escala as preguntas e respostas desta innovadora acción de divulgación científica.

Xa a próxima fin de semana e co mesmo horario, serán Ferrol e Chantada os escenarios elixidos o venres 24 e o sábado 25, respectivamente. No primeiro a fachada que actuará de taboleiro de xogo será a do edificio da Fundación Caixa Galicia, na Praza da Constitución, mentres que no segundo os concursantes xogarán sobre a Casa Consistorial da vila.

Un formato espectacular

Precisamente o feito de proxectar as preguntas e respostas sobre as fachadas de edificios é o que fai que este orixinal evento resulte espectacular, convertendo cada acción en única.

Isto será posible grazas ao uso da proxección arquitectónica de gran formato, unha técnica ata o momento reservada a actividades de carácter artístico e que permite a Big Ciencia crear un novo concepto de divulgación científica innovador e de grande impacto visual.

Apto para todos os públicos

A mecánica do Big Ciencia é moi sinxela co obxectivo de facela accesible para todos os públicos, independentemente do seu nivel de coñecementos e idade. O concurso botará a andar no momento no que dúas persoas se sitúen ante os pulsadores e a xigantesca pantalla. As preguntas serán tipo test e os participantes deberán elixir a resposta correcta de entre catro posibles, contando coa axuda dos espectadores para facelo. Este comodín do público fomentará a participación de todos os asistentes ao concurso, que como quedou demostrado nas citas anteriores engancha desde un principio dada a súa axilidade.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →