Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

A Xunta entrega dez vivendas de promoción pública construídas no concello de Vilamarín (Ourense)

Por   /  26/05/2015 

    Imprimir       Email

descargaO Instituto Galego da Vivenda e Solo entregou hoxe as chaves de dez vivendas de promoción pública construídas no concello de Vilamarín. Todas foron adxudicadas en réxime de alugueiro, xunto con outras nove adxudicadas en réxime de compravenda e que se entregarán aos adxudicatarios unha vez se formalicen os correspondentes préstamos hipotecarios.

En total, o IGVS construíu en Vilamarín 27 vivendas de promoción pública, das que dúas foron cedidas ao concello, polo que quedan seis vivendas vacantes que serán sometidas a un novo procedemento de adxudicación. Ao concello tamén se lle ceden unha zona verde, un espazo de uso público pavimentado e unha parcela de equipamento creadas no entorno das vivendas de promoción pública.

As 27 vivendas, unifamiliares apegadas, están distribuídas en tres bloques de 13, 9 e 5 vivendas. Todas contan con tres dormitorios e superficies útiles entre 98,30 e 104,04 metros cadrados. Na planta baixa contan con vestíbulo, salón.comedor, cociña, servizo e dependencias de servizo como lavadoiro. Na planta alta están os tres dormitorios e o baño. Todas as vivendas contan cun rocho e unha praza de garaxe emprazados no soto, común a cada bloque.

Todas as vivendas dispoñen de paneis de captación solar para a produción de auga quente sanitaria, co apoio de caldeiras de gas.

Os adxudicatarios das vivendas de alugueiro pagarán entre 145 e 193 euros mensuais de renda, mentres que nas vivendas adxudicadas en réxime de compravenda os prezos oscilan entre 70.413,27 e 80.472,31 euros máis IVE. Tanto o prezo de venda como de alugueiro dependen da superficie da vivenda e dos ingresos familiares ponderados dos adxudicatarios, que se benefician de rebaixas do 30, 40 ou 50 por cento sobre o valor da vivenda en función de ditos ingresos.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo investiu máis de 3,6 millóns de euros na construción das 27 vivendas de promoción pública de Vilamarín.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →