Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

A Xunta investirá máis de 1,2 M€ nas obras de rehabilitación dunha nave do Mosteiro de San Clodio para convertela no primeiro spa do viño de Galicia

Por   /  07/09/2015 

    Imprimir       Email

monasterio_cloido_leiro_o_c.jpg_1306973099Turismo de Galicia vén de licitar as obras de rehabilitación e acondicionamento como spa viñoterapia da nave lateral do mosteiro de San Clodio, emprazado no concello ourensán de Leiro. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte o anuncio da licitación no que se definen os aspectos fundamentais da contratación para a realización dos traballos. As empresas interesadas en participar no concurso dispoñen o día 30 de setembro para presentar as súas ofertas.

Coa licitación destas obras, que contan cun orzamento de máis de 1.200.000 euros, a Xunta de Galicia converterá as antigas adegas e cortes deste mosteiro cisterciense no primeiro spa viñoterapia da comunidade. Así, se usarán produtos derivados da uva e do viño, entre outros elementos, para distintos tratamentos termais que formarán parte da oferta actual do Hotel Monumento de San Clodio.

Os traballos previstos desenvolveranse co obxectivo de garantir a recuperación íntegra do inmoble e o emprego das súas instalacións para poñer en valor e difundir os recursos turísticos asociados á auga termal e ao viño.

Plan Termal
Este proxecto reforza a aposta de Turismo de Galicia polo termalismo que está a desenvolver diferentes iniciativas que impulsan a revitalización deste sector.

O balneario de Cortegada, o aumento da capacidade da oferta de aloxamento en Verín mediante a conversión da acrópole de Monterrei en Parador ou a creación de novas rutas turísticas como o Ecovía fluvial do Támega ou a ruta do río Caldo son algunhas das actuacións xa finalizadas do Plan Termal.

A execución de accións está a continuar neste ano con actuacións como a sinalización das vilas termais, o inicio dos traballos para a clasificación e definición da oferta termal, o desenvolvemento do programa Turismo Senior Termal de Galicia ou o avance do proxecto Smart Turismo, entre outras.

En total, Turismo de Galicia investiu xa máis de tres millóns de euros en iniciativas integradas neste plan a prol do turismo termal de Ourense en particular e de Galicia en xeral.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →