Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

A Xunta investirá preto de 165.000 euros nas obras de reforma e adaptación de espazos do estadio do Couto, en Ourense

Por   /  22/06/2015 

    Imprimir       Email

alberto nunez feijoo preside a reunion do consello da xuntaA Secretaría Xeral para o Deporte licitou a contratación das obras de reforma e adaptación de espazos para aloxar as oficinas e dependencias das federacións deportivas do Estadio do Couto, na cidade de Ourense.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte o anuncio da licitación no que se definen os aspectos fundamentais da contratación para a realización das melloras. As empresas interesadas en participar no concurso dispoñen ata as 14:00 horas do día 15 de xullo para presentar as súas ofertas.

Coa licitación destas obras, que contan cun orzamento de case 165.000 euros, a Xunta de Galicia mellorará o estado das instalacións deportivas do Couto para o seu aproveitamento por parte das federacións deportivas galegas en Ourense. O prazo de execución é de sete meses e a apertura de ofertas publicarase na plataforma de contratación pública de Galicia.

Os traballos previstos desenvolveranse co obxectivo de garantir o mantemento desta infraestrutura deportiva da cidade das Burgas así como o seu funcionamento, deseñando o un calendario de actividades.

O campo de fútbol do Couto foi utilizado esta tempada por dous equipos da cidade, ao abeiro dun acordo que a Secretaría Xeral para o Deporte acadou cos seus directivos. Esta instalación deportiva acolleu a principios de xuño a Copa Deputación e o Memorial Lito de fútbol 7 alevín. Prevese que as melloras que se van realizar neste recinto lle permitan, no futuro, acoller un maior número de acontecementos deportivos.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →