Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

A Xunta promove o desenvolvemento de usos recreativos e a mellora da paixase do Bidueiral de Montederramo

Por   /  07/04/2015 

    Imprimir       Email

A Xunta promove o desenvolvemento de usos recreativos e a mellora da paixase do Bidueiral de Montederramo.

  • Rogelio Martínez, visitou estas  fragas consideradas como Zona de Especial Conservación (ZEC) pertencente á Rede Natura 2000
  • É o maior bidueiral de Galicia situado na serra de San Mamede a máis de 1.300 metros de altitude e cunha superficie de preto de 2.000 ha.

Bidueiral 

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez,  visitou esta mañá o Bidueiral de Montederramo, emprazado na serra de San Mamede que destada polo seu bo estado de conservación e por ser unhas fragas de características setentrionais situadas máis ao sur.

Rogelio Martínez, acompañado polo alcalde de Montederramo, Antonio Rodríguez, percorreu os camiños do roteiro de circunvalación deste ZEC (zona de especial conservación), pertencente á Rede Natura 2000, con inicio e chegada ao lugar Campo do Casar. Recentemente nestes camiños executáronse accións de mellora da paisaxe e de sinalización para o fomento de uso recreativo deste roteiro, ao abeiro das axudas a actividades, actuacións ou medidas de concellos incluídos na Rede Natura 2000, concedidas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Bidueiral3

 

O delegado territorial subliñou o apoio da Xunta a toda actuación dirixida á conservación do noso patrimonio paisaxístico. No caso concreto do Bidueiral de Montederramo, Martínez destacou que as actuacións desenvolvidas neste lugar -grazas á liña de axudas establecida pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza- teñen por obxecto,ademais, “facilitar o acceso ás explotacións agrarias,a realización das actividades forestais das Comunidades de Montes e a dinamización turística deste concello ourensán”.

Este ano grazas a esta liña de actuación, un total de 29 concellos da provincia de Ourense son adxudicatarios destas axudas que, ademais da mellora dos camiños do Bidueiral de Montederramo, permitirán actuacións como a recuperación do abrevadeiro e valo en Paradela de Abaixo, no concello de Manzaneda, e o acondicionamento e mellora de uso público dunha ruta no Cañón do Sil-Santa Cristina, en Parada do Sil.

Bidueiral2

 

Cómpre recordar que o obxectivo destas subvencións é colaborar cos concellos na execución de accións que permitirán a mellora da paisaxe, o mantemento das condicións ambientais ou a recuperación de especies historicamente relacionadas coa actividade agraria en zonas da Rede Natura 2000. Tamén é finalidade deste programa de axudas, cofinanciado con fondos FEADER, a conservación e restauración de elementos históricos patrimoniais ou culturais representativos da paisaxe agraria tradicional coa finalidade de incrementar nas explotacións agrícolas,o valor de recreo público das zonas Natura 2000.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →