Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Aberto o prazo para presentación de obras para editar por Deputación

Por   /  07/05/2016 

    Imprimir       Email
  • A Deputación de Ourense abre o prazo para presentación de obras para editar por parte da institución provincial

1Fachada-Deputacin-300x213O Boletín Oficial da Provincia vén de publicar as bases reguladoras do concurso para a selección de obras para a súa edición ou coedición pola Deputación de Ourense correspondente ao exercicio 2016, polo que os interesados en participar teñen de prazo ata o 3 de xuño para presentar a súa solicitude.

O obxecto das bases é regular o concurso para a selección de obras para a súa edición, publicación e distribución polo ente provincial en dúas modalidades: edición exclusivamente a cargo da Deputación ou a coedición entre a Deputación e entidades sen ánimo de lucro.

Poderán presentarse obras científicas, artísticas, literarias ou musicais, realizadas en calquera formato ou soporte, que correspondan a calquera das seguintes liñas de publicación: compilacións, escolas ou antoloxías de artigos publicados en xornais locais de Ourense ou en edicións locais de xornais de ámbito máis amplo, ou gravacións ou transcricións escritas de programas radiofónicos locais; obras que teñan por obxecto estudar ou divulgar o patrimonio cultural ou natural de Ourense; estudos históricos, literarios, científicos ou xurídicos relacionados coa provincia de Ourense; ou obras de autores ourensáns de temática libre.

Asemade as obras han de ser exclusivamente orixinais e ser obras concluídas na data de remate do prazo de presentación e solicitudes, estando dispoñibles, polo tanto, para iniciar a preparación da súa edición no exercicio 2016.

Por outra parte, non se admitirán a concurso as teses doutorais, por considerarse que van dirixidas a un público altamente especializado, aínda que se admiten as versións abreviadas das teses que poidan ter como destinatario ao público en xeral. Tampouco serán admitidas as actas de congresos, xornadas, simposios ou similares. En canto ás edicións realizaranse en función da natureza das obras, polo que serán editadas en forma de libro impreso as obras escritas, e en formato CD ou DVD, as obras audiovisuais. A contía máxima dispoñible para o financiamento da edición das obras seleccionadas é de 42.763,16 euros.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →