Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Activo un incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Baltar, parroquia de Texós

Por   /  10/07/2015 

    Imprimir       Email
Imagen de archivo

Imagen de archivo

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa dun incendio forestal activo no concello ourensán de Baltar, parroquia de Texós, que onte á noite continuaba activo.

O lume iniciouse ás 16:35 horas de onte á tarde e na súa extinción traballan un axente forestal, 6 brigadas, 5 motobombas, 3 helicópteros e 6 avións. A superficie afectada, segundo estimacións provisionais, sitúase arredor das 20 hectáreas.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →