Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Análise da situación do emprego na provincia de Ourense

Por   /  11/10/2016 

    Imprimir       Email
  • Manuel Baltar e Juan Carlos Parada analizan a situación do emprego na provincia cos datos do Observatorio Económico Ourensán
  • Os presidentes da Deputación e da Cámara de Comercio comentaron as principais novidades do novo observatorio, que pasan pola dixitalización, a interacción de contidos e a actualización permanente de datos
Juan Carlos Parada e Manuel Baltar

Juan Carlos Parada e Manuel Baltar

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu onte no Pazo Provincial ao presidente da Cámara de Comercio de Ourense, Juan Carlos Parada, con que falou de temas relacionados co emprego na provincia de Ourense. Sinaladamente, Baltar e Parada analizaron os resultados do último informe do Observatorio Económico Ourensán (OEO), que destaca a importancia que o sector Agraolimentario ten na provincia, unha industria que xera 92 millóns de euros de superávit comercial, significándose como actividade clave da economía ourensá.

Manuel Baltar subliñou a importancia “de dispoñer dun instrumento de análise económico específico para a provincia de Ourense como é Observatorio”, que agora, logo de sete edicións en soporte tradicional, inicia unha nova etapa con dous grandes obxectivos: ampliar o seu foco de análise engadindo novos indicadores socio-económicos xerais e sectoriais, e adaptarse ás demandas da sociedade dixital, en consonancia co proxecto de “Provincia Intelixente” que estamos a desenvolver para mellorar a eficacia na xestión da administración pública na provincia de Ourense”.

Precisamente, as novas formas de visualización dos datos do Observatorio xogarán un papel fundamental, con formas gráficas máis dinámicas, intuitivas e con maior potencial interpretativo. O OEO da un gran salto dixital para converterse nunha plataforma web muliti-lingü̈e (galego-inglés) en permanente actualización (os novos datos incorpóranse en tempo real a medida que van xurdindo) e dotada de flexibilidade e interactividade, xa que cada usuario poderá construír á carta as selección de datos, as evolucións temporais e as comparativas ou secuencias entre territorios ou entre datas.

Os presidentes da Deputación e da Cámara de Comercio destacaron a importancia de que o Observatorio analice os datos por comarcas e mesmo por concellos, “co obxectivo de retratar a realidade e de identificar as potencialidades de cada territorio da nosa provincia”, afirma Manuel Baltar, engadindo que ao incorporar o posicionamento local nos mercados exteriores, o estudo abrangue desde o máis cotián das empresas ourensás ata o máis afastado dos países de destino das exportacións”.

O novo formato do Observatorio aposta por unha plataforma Web-App, responsive (adáptase ós tamaños de pantallas dos distintos dispositivos) e conta con elementos visuais que permiten filtrados, análise e interacción con gráficos e datos. Como complemento da plataforma web, está prevista a difusión de infografías individualizadas sobre os principais sectores do sistema produtivo da provincia de Ourense e sobre variables de primeira magnitude, como as demográficas, as laborais e as empresariais.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →