Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Apoio “firme e irrenunciable” ao Club Ourense Baloncesto

Por   /  21/05/2016 

    Imprimir       Email
  • Manuel Baltar afirma que a Deputación de Ourense manterá o seu apoio “firme e irrenunciable” ao Club Ourense Baloncesto
  • O presidente do goberno provincial expresa que a Deputación “xa manifestou con feitos a cooperación co COB, tanto no ámbito económico e normativo e coa posta a disposición do club do Pazo dos Deportes “Paco Paz” coas melloras necesarias que esixe a ACB”

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reafirmou onte “o apoio firme e irrenunciable ao Club Ourense Baloncesto por parte da Deputación de Ourense, un apoio que xa manifestamos con feitos e realidades tanto de ámbito económico e normativo e coa posta a disposición do club do Pazo dos Deportes “Paco Paz” coas melloras necesarias esixidas pola ACB para poder disputar a vindeira tempada a competición na liga de baloncesto máis importante de Europa”.

Neste sentido, Manuel Baltar afirma que a Deputación de Ourense aceptou xa no seu momento as condicións económicas propostas por ABANCA “na parte que nos corresponde”, e fai un chamamento “á responsabilidade de todos os accionistas do club” para que actúen de igual maneira, asumindo cada quen os seu compromisos como fai a Deputación de Ourense, “que só entende a próxima tempada da ACB co COB formando parte dos participantes desta competición”.

O compromiso da Deputación de Ourense co COB púxose de manifesto, ademais, coa achega este ano ao club por parte da institución provincial dunha subvención nominativa por importe de 216.000 euros, proposta que foi aprobada polo pleno da Corporación Provincial, ao igual que a ampliación da cesión para a utilización do Pazo dos Deportes “Paco Paz” por parte do COB, ou a modificación de crédito aprobada polo pleno da Deputación para modernizar e dotar de novo equipamento as instalacións do “Paco Paz”, atendendo aos requerimentos que esixe a Liga ACB, no que atinxe a elementos da pista e mellora nos vestiarios, entre outras infraestruturas.

“Cumprimos con todo o que se nos solicitou á Deputación de Ourense, porque entendemos que apoiar a COB é apoiar á provincia de Ourense, aos afeccionados, aos deportistas e tamén porque apoiando ao COB potenciamos a marca Ourense e favorecemos a competitividade do noso territorio”, afirma Manuel Baltar.

0 0 0 0 MB e Dpou feb16

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →